María de la O Fernández González, nada en Vilagarcía de Arousa, é unha mestra e política galega de Podemos. Traxectoria Natural de Cornazo, estudou maxisterio na Universidade de Vigo e logo licenciouse en psicopedagoxía. Membro do círculo de Podemos en Vilagarcía de Arousa, en 2018 presentouse por Máis Podemos, a lista liderada por Antón Gómez-Reino, á Comisión de Garantías de Podemos Galicia e asumiu a presidencia da comisión en xaneiro de 2019. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura Marea da Vila ao concello de Vilagarcía que logrou un concelleiro.
Obra Alteracións da linguaxe e da fala na etapa infantil (2008, autoeditado en lulu.com) Identificación das alteracións da linguaxe e da fala na etapa infantil (2009, autoeditado en lulu.com) Alteracións da linguaxe e da fala na etapa da educación primaria (2011, autoeditado en lulu.com) Notas
Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados no século XX Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Políticos de Podemos Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes