Rompan todo: La historia del rock en América Latina é unha miniserie documental e musical de 2020, baseada no movemento do rock en castelán en Latinoamérica. A serie é transmitida polo servizo web Netflix. Foi creada por Nicolás Entel e dirixida por Picky Talarico. Conta coa produción executiva de Nicolás Entel, Picky Talarico, Iván Entel e o músico arxentino Gustavo Santaolalla e a produción da compañía Red Creek.

A miniserie narra a evolución do rock en Latinoamérica dende as súas orixes nos anos 50, baseado no rock and roll estadounidense, a súa conexión co ámbito sociopolítico dos países nos que se desenvolveu, até a actualidade; cos seus protagonistas como narradores dos sucesos presentados, que presenta artistas como Fito Páez, Charly García, Andrés Ciro Martínez, Álex Lora, entre outros.

Estreouse o 16 de decembro de 2020 por Netflix e conta con 6 capítulos de arredor dunha hora de duración.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Series documentais Categoría:Series de televisión iniciadas en 2020