Alfonso Ramón González Gallego, nado en Rianxo o 27 de setembro de 1973, é un exfutbolista e político galego do PPdeG. Traxectoria Estudou maxisterio na Universidade de Vigo. Dende 2002 é director comercial da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa. Foi presidente da Cruz Vermella no Salnés (2011-2018). Militante do Partido Popular de Galicia, foi presidente dos populares de Vilagarcía de Arousa entre 2017 e 2020 e encabezou a lista do seu partido nas eleccións municipais de 2019 en Vilagarcía de Arousa mais a súa lista logrou 5 concelleiros fronte a 7 que tiña na anterior corporación. En xaneiro de 2020 anunciou que deixaba a política.
Carreira futbolística Comezou a xogar en 1990 no Arosa Sociedad Cultural da 3ª división e na tempada 1993/94 subiu co seu equipo á 2ª B para volver á tempada seguinte á terceira. En 1996 pasou ao Club Juventud Cambados tamén na 3ª división e na tempada 1999/2000 integrou o Céltiga Fútbol Club.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .
Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Nados en 1973 Categoría:Concelleiros de Vilagarcía de Arousa Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG Categoría:Futbolistas da provincia da Coruña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Arosa SC Categoría:Xogadores do Juventud Cambados Categoría:Xogadores do Céltiga FC Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes