A provincia de Mazandarán (, en , Ostān-e Māzandarān), é unha provincia iraniana localizada ao longo da costa sur do mar Caspio e na zona central da cordilleira de Alborz, no norte de Irán.

A provincia é unha das provincias máis densamente poboadas de IránCentro Estatístico, Goberno de Irán. Ver: "General Characteristics of Ostans according to their administrative divisions at the end of 1383 (2005 CE)" , "Population estimation by urban and rural areas, 2005" e posúe diversos recursos naturais, especialmente grandes reservas de petróleo e gas natural. Os catro condados máis grandes da provincia son Sari, Amol, Nur e Tonekabon.Censo 2006: Sari: 490.830, Babel: 464.535, Amel: 343.747, Shahi: 293.721. Información do censo iraniano de 2006 (en persa) Foi fundada en 1937.

A natureza diversa da provincia caracterízase por chairas, pradarías, bosques e selvasSpringer Netherlands; 10 de xullo de 2005; Contributions to the knowledge of the useful plants and plant raw materials of Iran; situadas entre as praias do mar Caspio e a abrupta e nevada serra de Alborz,Mazandaran, Geography & History incluíndo o Monte Damavand, un dos picos e volcáns máis altos de Asia.Encyclopædia Britannica, Entrada de Elburz

Mazandarán é un importante piscicultor,Freshwater Fishes of Iran ; Consultado o 15 de decembro de 2020 e a acuicultura proporciona un engadido económico importante á agricultura tradicional predominante.Encyclopædia Britannica, Entrada de Mazandaran Outra importante contribución á economía é a industria do turismo, pois persoas de todo Irán adoitan visitar a área. (persa) Mazandarán é tamén un centro en crecemento de biotecnoloxía.

Divisións administrativas A provincia cobre unha área de 23,842 km2.http://www.sci.org.ir/content/userfiles/_sci_en/sci_en/sel/year85/f1/CS_01_4.HTM Sari é a capital da provincia.

Mazandarán está dividido a 20 condados (shahrestān en persa). Todos os xahrestáns deben o seu nome ao seu centro administrativo, excepto Savadkooh.

Historia 255px|thumb|Prato sasánida cuberto de prata cunha escena de músicos tocando. Século VII. Dátanse ocupacións humanas na área de polo menos hai 75,000 anos.IRAN Daily Caspian Region Escavacións recentes en Gohar Tape en Rostamkola proban asentamentos humanos de máis de 5,000 anos, sendo a área considerada un dos sitios históricos máis importantes de Irán.Parthia News, 6 de novembro de 2005. Xogou unha función importante no desenvolvemento cultural e urbano da rexión.Payvand, 400 Historical Sites Discovered within 7 Days in Mazandaran Mazandarán é unha das áreas máis antigas sen un patrimonio nómade significativo, senón máis ben sedentario. O pobo tradicional da rexión son os mazanderanis, que falan unha lingua iraniana estreitamente ligada co gilaki e o sangiseri, mais tamén ten semellanzas con varias linguas caucásicas, reflectindo a historia da rexión e os seus pobos. A principios do século XX, Reza Xa conectou o norte de Elbourz coas ladeiras do sur construíndo sete estradas novas e ferrocarrís, e as provincias de Mazandarán e Guilán empezaron a ser coñecidas polo nome de Shomal polos iranianos (que significa "o norte" en persa). Mazandarán é unha provincia do Caspio do norte de IránKeddie, N. R.; 1968; The Iranian villages before and after land reform. Journal of Contemporary History, 3(3), 69–78. Localizado na costa do sur do mar Caspio, limita polo norte con Rusia (a través do mar), e coas provincias de Golestán, Semnán, Teherán, Alborz, Qazvin e Guilán. Sari é a cidade máis grande e a capital provincial.

A provincia de Mazandarán inclúese na Primeira Rexión, dentro das cinco rexións nas que se xuntan as provincias, só para propósitos de coordinación e desenvolvemento, desde o 22 de xuño de 2014. right|thumb|262px|Mapa do Imperio Medo (600 a. C.) mostrando as localizacións relativas dos amardos.

thumb|left|Vaso cunha escena dunha vendima, Biblioteca Británica, do Imperio Sasánida de Ardashir I, (621-628-630).

Historia preislámica Antes da chegada de falantes iranios a Irán, os habitantes nativos desta rexión eran cazadores e pastores de subsistencia. Os estudos arqueolóxicos realizados en covas en Behshahr datan restos de ca. 9500 a. C. Os amardos eran os que habitaban toda a rexión montañosa arredor do mar Caspio, incluíndo a actual Amol. thumb|200px|left|Cunca hircania de ouro, datada do século IX a. C. Foi encontrada en Kalardasht, en Mazandarán. O territorio coñecido como Mazandarán mudou de mans entre varias dinastías desde cedo na súa historia. Hai varias fortalezas do Imperio Parto e do Imperio Sasánida, e moitos lugares de enterramento espallados pola provincia. Durante esta era, Mazandarán formaba parte de Hircania, sendo unha das provincias importantes desta. No 662, dez anos despois da morte de Iazdeguerd III, o último emperador sasánida, un grande exército musulmán baixo as ordes de Hassan ibn Ali invadiu Tabarestán.

Á chegada do imperio sasánida, o rei de Mazandarán (Tabaristán e Padashkhwargar) era Gushnasp,Minorsky, V.; Vasmer, R. "Mazandaran" Encyclopaedia of Islam. Edited by: P. Bearman , Th. Bianquis , C.E. Bosworth , E. van Donzel and W. P. Heinrichs. Brill, 2007. Brill Online. cuxos antepasados reinaron na rexión baixo o imperio parto desde a época de Alexandre o Grande. En 529–536, Mazandarán foi gobernado polo príncipe sasánida Kawus, fillo de Kawadh. Anushirawan, o rei sasánida, derrotou a Zarmihr, quen afirmaba descender do lendario Kaveh o Ferreiro. Esta dinastía gobernou a zona até 645, cando Gil Gilanshah (un descendante do rei sasánida Jamasp e un fillo de Piruz) uniu Mazandarán a Guilán.

No 651 o imperio sasánida caeu, e todos os dominios do imperio gradualmente foron caendo baixo control árabe, excepto a rexión do Caspio de Irán (como Tabaristán).

Historia islámica Tabaristán mantivo unha existencia independente do Califato Omeia que substituíu o imperio sasánida a principios do século VII, con dinastías zoroastristas independentes tales como a Bavanda e a Karen, que mantiveron unha eficaz guerra de guerrillas contra o islam. Formouse un estado xiíta alide durante un curto período tempo antes de acabar nas mans dos príncipes Ziyaridas. Mazandarán, ao contrario que o resto das terras iranianas, mantivo un zoroastrismo maioritario até o século XII, grazas ao seu illamento e a unha férrea poboación que loitou durante séculos contra os exércitos do Califa. Durante o período postislámico as dinastías locais dividíanse en tres clases: familias locais de orixe preislámica; saídes alides; e outras familias locais de importancia secundaria. thumb|262px|Mapa do emirato alavida de Mazandarán (864-929). Os Bawandidas, quen afirmaban descender de Kawus, proporcionaron tres dinastías. A primeira dinastía (665–1007) foi derrocada na conquista de Tabaristán por Ziyarid Kabus b. Wushmgir. A segunda dinastía reinou desde 1073 a 1210, até que Mazandarán foi conquistado por 'Ala al-Din Muhammad Khwarzamshah. A terceira gobernou desde 1237 a 1349 como vasalos dos mongois. Afrasiyab Chulawi matou o último representante dos Bawandidas. thumb|left|180px|Sitio arqueolóxico de Gohar Tape. Os Karinidas afirmaban descender de Karin, irmán de Zarmihr, que era un gobernante preislámico sasánida. O seu último representante, Mazyar, foi matado en 839.

Os Paduspanidas afirmaban descender dos Dabuyidas do norte. Gobernaron desde o 660 durante o reinado dos alides de quen eran vasalos. Logo foron vasalos dos Buyidas e Bawandidas, que os botaron en 1190. A dinastía, restaurada en 1209–10, sobreviviu até os tempos de Timur; a rama descendente de Kawus, o fillo de Kayumarth, reinou até 1567, e outra rama, descendente de Iskandar, o fillo de Kayumarth, até 1574.

Durante os séculos IX e XI, houbo varias incursións militares acometidas polos rus' entre 864 e 1041 polas costas do mar Caspio de Irán, Azerbaidján e Daguestán, coñecidas como as expedicións dos rus' no mar Caspio.Logan (1992), p. 201 Inicialmente, os rus' apareceron en Serkland no século IX viaxando como mercadores pola ruta comercial do Volga, vendendo peles, mel e escravos. As primeiras redadas producíronse a pequena escala entre finais do século IX e principios do século XX. Os rus' realizaron a súa primeira expedición grande en 913, chegando en 500 barcos, facendo pillaxes nas partes occidentais de Gorgán así como en Mazandarán e Guilán, tomando escravos e bens.

Na era safávida Mazandarán foi colonizado por grandes cantidades de xeorxianos, circasianos, armenios e outros pobos do Cáucaso, cuxos descendentes aínda viven en Mazandarán. Existen lugares en Mazandarán que aínda levan o nome de "Gorji" (do xeorxiano) neles, a pesar de que a maioría dos xeorxianos e circasianos están totalmente asimilados aos mazandaranis. A historia da colonización xeorxiana está descrita por Iskandar Beg Munshi, na Tarikh-e Alam-Ara-ye Abbasi do século XVII, e tanto a colonización circasiana como xeorxiana por Pietro Della Valle, entre outros autores.Pietro Della Valle, Viaggi, 3 vols. en 4 partes, Rome, 1658–63; trad. ao inglés J. Pinkerton, Travels in Persia, London, 1811.

Antes do reinado de Nader Xa, a provincia foi brevemente ocupada polo exército ruso despois da guerra ruso-persa de 1722–23, volvendo a pertencer a Persia en 1735. Tamén despois das guerras ruso-persas de 1804–13 e 1826–28 a influencia rusa no norte de Irán, e especialmente en Mazandarán e Guilán, deixou certa pegada.

Era moderna Durante o reinado de Fath-Ali Xa Qajar, a verdosa rexión de Mazandarán foi gañando fama como área recreativa. Tapuria permaneceu independente até 1596, cando Xa Abbas I, mazandarani por parte da súa nai, incorporou Mazandarán ao seu imperio safávida, forzando a moitos armenios, circasianos, xeorxianos, kurdos e qajaritas a asentarse en Mazandarán. Pietro della Valle, quen visitou unha localidade próxima de Firuzkuh en Mazandarán, anotou que as mulleres mazandaranis nunca levaban o veo e non dubidaban en falarlle aos estranxeiros. Tamén anotou a cantidade extremadamente grande de circasianos e xeorxianos na rexión, e que nunca atopara persoas con tanto civismo como os mazandaranis.

Despois do período safávida, os qajaritas empezaron a facer campañas cara ao sur desde Mazandarán con Agha Mohammad Khan, quen incorporou Mazandarán ao seu imperio en 1782. O 21 de marzo de 1782, Agha Mohammad Xa proclamou Sari como a súa capital imperial. Mazandarán foi lugar de guerras locais naqueles anos, o cal propiciou a transferencia da capital desde Sari a Teherán por Fath Ali Xa.

Xeografía e poboación thumb|center|1000px|Monte Damavand|alt=Monte Damavand

Xeografía Mazandarán atópase na costa do sur do mar Caspio. Está bordeado polas provincias de Golestán, Semnán e Teherán.Gwillim Law, Statoids website. "Provinces of Iran" . Consultado o 28 de agosto de 2007. Tamén ten fronteiras con Qazvin e Guilán ao oeste. Mazandarán divídese xeograficamente en dúas partes: as chairas litorais, e as áreas montañosas. A cordilleira de Alborz rodea a faixa litoral e chairas do Caspio, a xeito de enorme muro. Debido a brisa do mar permanente e aos ventos locais das costas do sur e orientais do mar Caspio, fórmanse pequenas montañas areosas, creándose unha especie de barreira natural entre o mar e a chaira. Os terreos do Alborz atópanse normalmente nevados, os cales discorren paralelos á costa sur do mar Caspio, dividindo a provincia a moitos vales illados. A provincia posúe un clima moderado subtropical cunha temperatura media de 25 °C no verán e sobre 8 °C durante o inverno. A pesar de que a neve pode caer fortemente nas montañas en inverno, é raro que neve a nivel do mar.

Ecorrexións: Bosques mixtos hircanios caspianos Bosque estepario, ou estepa forestal, da cordilleira de Elburz