A dos equinorrínidos (Echinorhinidae) é unha familia de peixes elasmobranquios selaquimorfos da superorde dos escualiformes.Echinorhinidae Gill, 1862 no WoRMS.Echinorhinidae Gill, 1862 no ITIS.

É unha familia monotípica, xa que comprende un só xénero, Echinorhinus.

As súas especies distribúense por todos os océanos do mundo, tanto en rexións litorais como en mar a fóra.

Taxonomía Descrición Familia A familia foi descrita en 1862 polo ictiólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill.

Xénero O xénero describírao en 1816 o naturalista francés Henri Marie Ducrotay de Blainville.

Etimoloxías O nome científico da familia, Echinorhinidae, está formado, segundo a norma, sobre a raíz do seu xénero tipo, e único, Echinorhin-, coa adición do sufixo do latín científico -ǐdae, propio dos nomes das familias de animais.

O nome do xénero, Echinorhinus, está formado polos elementos do latín científico echin- e -rhinus, tirados dos termos do grego antigo ἐχῖνος echĩnos ("espiña") e ρινός rinós ("nariz").Echinorhinus no Merriam-Webster Dictionary. Literalmente: "os que teñen espiñas no nariz".

Especies A familia, como quedou dito, está integrada por un só xénero, Echinorhinus, que alberga soamente dúas especies:Echinorhinus Blainville, 1816 no WoRMS.Echinorhinus Blainville, 1816 no ITIS. Echinorhinus brucus (Bonnaterre, 1788) Echinorhinus cookei Pietschmann, 1928

En Galicia Nas augas galegas encóntrase a especie Echinorhinus brucus.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. Princeton, Nova Jersey USA: Princeton University Press. ISBN 0-6911-2072-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. 4th Edition. Hoboken, Nova Jersey, USA: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.

Outros artigos Tiburóns Escualiformes

Categoría:Escualiformes Categoría:Peixes de Galicia