miniatura|300px|O Tártaro, segundo Virxilio
Na mitoloxía grega, o Tártaro (, Tártaros)A palabra é de orixe incerta ("Tartarus". Online Etymological Dictionary). é o profundo abismo que se usa como calabozo de tormento e sufrimento para os malvados e como prisión para os Titáns. Tártaro é o lugar onde, de acordo coas Gorxias de Platón ( 400 a.C.), as almas son xulgadas despois a morte e onde os malvados reciben o castigo divino. O Tártaro tamén se considera unha forza ou deidade primixenia xunto a entidades como a Terra, Noite e Tempo.
Mitoloxía grega
Na mitoloxía grega, o Tártaro é a vez unha deidade e un lugar no inframundo grego. Nas antigas fontes órficas e nas escolas de misterio, o Tártaro é tamén a primeira entidade ilimitada da que nacen a luz e o cosmos.
Segundo a mitoloxía grega, o Tártaro é unha rexión do inframundo situada moi por debaixo do inferno:
Hesíodo descríbeo como rodeado de murallas con portas de bronce - que puxera Poseidón- e todo el cuberto por unha escuridade de tres capas, de modo que os Titáns permanecen nel baixo escuras tebras.
Co tempo, o Tártaro pasou a ser identificado co propio inferno, lugar de castigo para os que pecaban, polo que se opón ós Campos Elisios.
Mitoloxía Utilizouse como lugar afastado onde os deuses encerraban ós seus inimigos: Urano e Cronos ós Ciclopes, Zeus ós Titáns e ós Xigantes.
Incluso os deuses son ameazados con el cando se opoñen a Zeus. O mesmo Apolo foi condenado ó Tártaro por matar ós Ciclopes (que crearan o raio de Zeus) aínda que foi salvado porque a súa nai Leto suplicoulle a Zeus que o perdoase.
Outros Tamén se denomina Tártaro á personificación do inframundo, que se uniu a Xea e tivo varios monstros como fillos, como Tifón.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto] Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ªed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].
Categoría:Lugares da mitoloxía grega