Hillbilly Elegy é un filme estadounidense de 2020 dirixido por Ron Howard, a partir dun guión de Vanessa Taylor. Baséase no libro homónimo de J. D. Vance. Está protagonizado por Glenn Close, Amy Adams, Gabriel Basso, Haley Bennett, Freida Pinto, Bo Hopkins e Owen Asztalos, e conta a historia dun estudante de dereito en Yale que debe regresar coa súa familia en Ohio para atender unha emerxencia familiar.

Despois de mercar os dereitos do libro de Vance en 2017, Imagine anunuciou a Howard como director. Netflix adquiriu os dereitos de distribución en xaneiro de 2019, e a maioría do elenco uniuse en abril. A rodaxe produciuse dende xuño até agosto dese mesmo ano en Xeorxia e Ohio.

Hillbilly Elegy estreouse en cinemas escollidos dos Estados Unidos o 11 de novembro de 2020, e dixitalmente a través de Netflix o 24 de novembro. O filme recibiu valoracións negativas por parte da crítica, que criticou o seu guión e narrativa, aínda que as interpretacións do elenco recibiron boas valoracións.

Personaxes Amy Adams como Beverly "Bev" Vance Glenn Close as Bonnie "Mamaw" Vance Sunny Mabrey como Bonnie de nova Gabriel Basso como J. D. Vance Owen Asztalos como J. D. de neno Haley Bennett como Lindsay Vance Freida Pinto como Usha Bo Hopkins como Papaw Vance

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ron Howard Categoría:Filmes de Imagine Entertainment Categoría:Filmes rodados en Ohio Categoría:Filmes rodados en Atlanta Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes ambientados en 1997 Categoría:Filmes ambientados en 2011