Na mitoloxía grega, Mnemósine ou Mnemosina (en grego antigo, Μνημοσύνη Mnēmosýnē, de μνήμη mnếmē, 'memoria'), era unha titánide, filla de Xea e Urano. Considérase a personificación da memoria, tamén co nome de Mneme. miniatura|Mnemósine, nun mosaico da vila romana de Els Munts, en Altafulla, Tarragona (s. II dC). Consérvase no Museo Arqueolóxico de Tarragona
Mitoloxía Xaceu con Zeus no monte Pieira, próximo ó Monte Olimpo, durante nove noites seguidas, e así procreou as nove Musas, que naceron dun parto múltiple. Non obstante, outros autores considerábannas fillas primordiais de Urano e Xea; para Pausanias houbo dúas xeracións de Musas, as primeiras e máis antigas foron fillas de Urano e Xea, e as segundas de Zeus e Mnemósine.
Mnemósine era tamén o nome dunha fonte que había fronte ó oráculo de Trofonio, na Beocia, xunto á chamada Fonte do Esquecemento (Lete). Outros autores din que Lete e Mnemósine eran dous ríos do Hades. Quen bebía das augas do Lete esquecían as súas vidas pasadas.
Na mitoloxía romana tomou o nome de Moneta, aínda que tamén se utilizaba o nome grego.
Iconografía Aparece case sempre representada xunto ás súas fillas, xa desde o século V a. C. (nun vaso ático). Pero tamén represéntase ela soa, como nun mosaico sirio do século IV a. C. Tamén na idade moderna a figuran xunto ás Musas (como Thorvaldsen) ou xunto a Zeus, disfrazado de pastor "... engadiu cómo Xúpiter, oculto baixo a figura ... de pastor, [enganou] a Mnemósine" (Ovidio: Metamorfosis, Libro VI, 114)..
Cesare Ripa dálle unha iconografía propia: muller de mediana idade, vestida de negro, como símbolo de permanencia, cun cofre cheo de xoias sobre a cabeza. Coa man dereita tócase a orella e coa esquerda agarima un can negro.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017. GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]
Categoría: Titáns