O perper (en montenegrino: crnogorski perper, pl. perpera; en serbio cirílico: Црногорски перпер, pl. перпери) foi a unidade monetaria de Montenegro entre 1906 e 1918, dividido en 100 para."Perper". En Frey, A. R. (1916).

Tomou a súa denominación dunha moeda habitualmente utilizada no Mediterráneo oriental a partir do século XVII, baseada na moeda bizantina hyperpyron, e que xa fora moeda do Imperio Serbio."Perper". En Münzen Lexikon (Reppa.de) En 1918 foi substituída polo dinar iugoslavo cando Montenegro pasou a formar parte do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos.

Na derradeira década do século XX, as autoridades montenegrinas consideraron a posibilidade de retomar o perper como moeda do novo Estado independente, logo da disolución de Iugoslavia. Porén, finalmente se adoptou no seu lugar o marco alemán, posteriormente substituído polo euro."Money in Montenegro through history". Central Bank of Montenegro."O euro fora da Europa". Banco Central Europeu.

En 2002, o Banco Central de Montenegro, en conmemoración do primeiro aniversario do seu establecemento, recuñou unha réplica da serie orixinal de moedas con valores en perper e para."Commemorative Montenegrin coins issued on the occasion of celebrating the first anniversary of the CBCG establishment (2002) ". Central Bank of Montenegro.

Moedas En 1906 cuñouse na Casa da Moeda de Viena unha serie de moedas montenegrinas cos valores divisionarios de 1, 2, 10 e 20 para; as dúas primeiras de bronce e as outras dúas de níquel. A esta serie sumáronselle en 1909 as moedas de prata de 1 e de 5 perpera, e en 1910 as de 2 perpera. Neste último ano emitíronse tamén moedas de ouro de 10 e de 20 perpera, e unha tiraxe moi reducida (300 exemplares) de moedas de 100 perpera. As moedas de bronce e de prata reemitíronse en varias ocasións ata 1914."Coins from Montenegro: Perper (1906-1918)". Numista.com miniatura|130x130px|10 para de 1906 A serie de ouro de 1910 emitiuse con dúas variantes: na primeira, as lendas aluden Nicolao I como príncipe e na segunda como rei de Montenegro. Isto débese a que o 28 de agosto de 1910 o príncipe Nicolao foi proclamado rei de Montenegro."King Nicholas I of Montenegro". Royal.myorigins.org Esta segunda serie conmemora, así mesmo, os cincuenta anos de Nicolao I ao principado.

Actualmente, as moedas de 100 perpera están consideradas como a expresión máis refinada da numismática montenegrina. Descoñécese que cantidade destas moedas se conserva, aínda que os numismáticos estiman que son arredor de 150 exemplares, entre os que se inclúen os existentes en coleccións tan importantes como as do Ermitage, a American Numismatic Society, o Departamento de Moedas e Medallas do British Museum ou a Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos."100 Perpera, Montenegro, 1910". National Museum of American History. Estímase que deben conservarse varios exemplares en coleccións privadas montenegrinas e outras dúas están expostas no Museo do Diñeiro do Banco Central de Montenegro."Permanent exhibition „From Perper to Euro” ". Money Museum. Central Bank of Montenegro. Nas poxas numismáticas, estas moedas acadan valores de entre 20.000 e 35.000 euros, en función do seu estado de conservación."Priča o crnogorskim perperima: Više od novca!": En Mondo. 26 de outubro de 2016.Brzić, Aleksandar N. (2001). "Rariteti jugoslovenske moderne numizmatike na stranim aukcijama: 100 perpera iz 1910 god". En Dinar 16. Páxinas 14-16."Lot 251: Nicola I, 1910-1918. 100 Perpera 1910". Numisbids.com

Todas as moedas montenegrinas de prata e de ouro con valor de 1 perper e superiores son obra do gravador Stephan Schwartz.

+ValorImaxeMetalDiámetroPesoCantoAnosPrincipado de Montenegro1 para "1 Para - Nikola I". Numista.com180x180px180x180pxBR17 mm1,66 gLiso19062 para "2 Pare - Nikola I". Numista.com180x180px180x180pxBR19 mm3,3 gLiso1906 190810 para "10 Para - Nikola I". Numista.com180x180px180x180pxNI19 mm3 gEstriado1906 190820 para "20 Para - Nikola I". Numista.com180x180px180x180pxNI21 mm4 gEstriado1906 19081 perper "1 Perper - Nikola I". Numista.com180x180px180x180pxAG 83524 mm5 gEstriado19092 perpera "2 Perpera - Nikola I". Numista.com180x180px180x180pxAG 83527 mm10 gLenda: *** БОГ * ЧУВА * ЦРНУ * ГОРУ19105 perpera "5 Perpera - Nikola I". Numista.com180x180px180x180pxAG 90034 mm24 gEstriado190910 perpera "10 Perpera - Nikola I". Numista.com180x180px180x180pxAU 90019 mm3,38 g191020 perpera "20 Perpera - Nikola I". Numista.com180x180px180x180pxAU 90021 mm6,77 g1910100 perpera "100 Perpera - Nikola I". Numista.com200x200pxAU 90034,5 mm33,87 g1910Reino de Montenegro1 para180x180px180x180pxBR17 mm1,66 g1913 19142 para180x180px180x180pxBR19 mm3,33 g1913 191410 para180x180px180x180pxNI18,5 mm3 gEstriado1913 191420 para180x180px180x180pxNI21 mm4 gEstriado1913 19141 perper180x180px180x180pxAG 83523 mm5 gEstriado1912 19142 perpera180x180px180x180pxAG 83527 mm10 gCon lenda19145 perpera180x180px100x100pxAU 90036 mm24 g1912 191410 perpera180x180px180x180pxAU 90019 mm3,38 g191020 perpera180x180px180x180pxAU 90021,1 mm6,77 gCon lenda1910100 perpera180x180px100x100pxAU 90037 mm33,87 g1910

Billetes En 1912 produciuse a emisión de billetes por parte do Tesouro de Montenegro composta polos valores de 1, 2, 5, 10, 50 e 100 perpera.Serie de 1912: 1, 2, 5, 10, 50 e 100 perpera. Banknote.ws En 1914, o Goberno emitiu unha segunda serie, composta polos mesmos valores, aos que se lles engadiu o de 20 perpera.Serie de 1914: 1, 2, 5, 10, 20, 50 e 100 perpera. Banknote.ws

No transcurso da ocupación austríaca durante a primeira guerra munidal, as series emitidas anteriormente foron contraestampadas con cuños postos á man polos mandos do goberno do distrito militar."Montenegro: Military - WWI". Banknote.ws En 1917, o exército austríaco emitiu vales convertibles con denominacións en perpera (1, 2, 5, 10, 20, 50 e 100 perpera) e en coroas (kronen), coa taxa de cambio de 2 perpera = 1 krone.Billetes convertibles (emisión militar de 1917): 1, 2, 5, 10, 20, 50 e 100 perpera. Banknote.ws

O perper como moeda dixital

O perper dixital é unha moeda dixital descentralizada, carente dun banco central, e pode ser enviada de usuario a usuario na rede Peper peer-to-peer sen necesidade de intermediarios. As operacións son verificadas por nodos de rede a través da criptografía e rexístranse nun libro público distribuído chamado "cadea de bloques"."Montenegrin Perper Becomes Digital Currency". En Total Montenegro News. 6 de xaneiro de 2019."Perper has become a digital currency". En CDM. 1 de xuño de 2019."Perper. The Cryptocurrency of Montenegro". www.perper.digital

O perper dixital creouno en 2019 Aleksandar-Sasha Kapisoda, un científico especializado na tecnoloxía dixital pertencente a unha empresa farmacéutica alemá. Kapisoda decidiu retomar a antiga moeda do Reino de Montenegro actualizada á tecnoloxía do século XXI e cedeu ao Estado de Montenegro os dereitos da propiedade intelectual.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cuhaj, G. et al. (2011). Standard Catalog of World Coins 1901-2000. 39ª ed. Krause Publications, Iola. ISBN 978-1-4402-1172-8 Cuhaj, G. et al. (2008). Standard Catalog of World Paper Money. General Issues 1368-1960. 12ª ed. Krause Publications, Iola. ISBN 978-0-89689-730-4 Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50. Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale. Istituto italiano di numismatica, Roma.

Outros artigos Hyperpyron

Ligazóns externas Vídeo: "From Perper to Euro". Banco Central de Montenegro Exposición: "From Perper to Euro" . Museo do Diñeiro do Banco Central de Montenegro

Categoría:Moedas de Montenegro Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Criptomoedas