O castelán colombiano é a variedade da lingua castelá ou español que é falado na República de Colombia como a súa lingua nacional oficial e común. É o segundo país do mundo con máis falantes nativos de castelán en cifras absolutas, logo de México. O 99,2% da poboación fala castelán,Páxina 28 de: Demografía de la lengua española . sobre unha poboación de máis de 50 millóns de persoas (2020). O termo ten máis relevancia xeográfica ca lingüística, xa que os dialectos que se falan nas diversas rexións de Colombia son bastante diversos. As falas das áreas costeiras tenden a exhibir innovacións fonolóxicas típicas do castelán caribeño, mentres que as variedades das terras altas foron historicamente máis conservadoras. O castelán é cooficial nos territorios de grupos étnicos de linguas e dialectos indíxenas, e a educación neles é bilingüe. No país fálanse arredor de 10 dialectos da lingua castelá. A fala de Bogotá, unha variedade polo xeral conservadora do castelán colombiano, ten un alto prestixio social entre os falantes de castelán de toda América Latina.

Principais dialectos En Colombia existen distintos dialectos como resultado da súa complexa xeografía marcada por tres cordilleiras dos Andes que deu como resultado pouco acceso e comunicación entre as rexións. Son distinguibles para calquera falante de castelán os dialectos andinos e os dialectos costeiros do Caribe e do Pacífico.

En liñas xerais, os dos macrodialectos colombianos, os costeiros e os de interior, amosan claros paralelismos cos dialectos meridionais e setentrionais de España respectivamente. O castelán do interior, semellante ao español setentrional, de consonantismo forte, articula con claridade a -s postvocálica ou final de palabra, ten -n final alveolar firme e non debilita o -l preconsonántico en [r]. O castelán costeiro é semellante ao español meridional de España, de consonantismo débil, debilita o -s postvocálico ou final ("los costeños" > "loh cohteño"), articula o -n como velar (camión > camiong) e nalgunhas zonas debilita o -l preconsántico en [r] ("alguno > arguno"). En morfoloxía, o de interior conserva de forma parcial o voseo antigo castelán (zona occidental) mentres que o costeiro fai uso extenso de tú como en toda a conca do Caribe. Cómpre sinalar que no sur da Guajira e o norte de Cesar, úsase un voseo verbal semellante ao do veciño estado venezolano de Zulia.

A partir destas 2 "superzonas" dialectais, pódese realizar a seguinte división:

Superdialecto costeiro Zona Caribe (castelán caribeño ou "costeño") Zona Pacífica (castelán ecuatorial ou "chocoano")

Superdialecto Central (Rexión Andina) Zona Occidental Subzona Paisa (castelán paisa ou antioqueño) Subzona Caucana (castelán vallecaucano ou valluno/caleño) Subzona Nariñense (castelán pastuso) Zona Oriental Subzona Cundiboyacense (castelán cundiboyacense, castelán bogotano ou rolo) Subzona Santandereana (castelán santandereano) Subzona Opita (castelán tolimense e huilense) Castelán llanero Castelán amazónico

Notas

Véxase tamén Outros artigos Linguas de Colombia Bibliografía

Low, Peter (2015), Colombian Spanish: Phrases, Expressions and Tips to Help You Speak Like a Local , Travelloco Publishing,

Categoría:Dialectos da lingua castelá de América Categoría:Linguas de Colombia