O castelán caribeño é o nome xeral dos dialectos españois falados na rexión caribeña.Marlen A. Domínguez Hernández, Los problemas del español del Caribe (Hispánico) (Insular) y la identidad, Facultade de Artes e Letras, Universidade da Habana, Cuba. É predominante nas Antillas maiores e a bacía do Caribe, falándose nos territorios insulares de Cuba, a República Dominicana, Porto Rico, e en territorios continentais de Colombia, Venezuela e Panamá, así como en territorios do estado de Florida, nos Estados Unidos.

Recoñécese pola notable influencia dos dialectos canario e andaluz (polo contacto histórico entre os portos),Echenique Elizondo, Ma. Teresa, et al., Las Lenguas de un Reino - Historia Lingüística Hispánica, p. 331. a grande influencia africana e as palabras do taíno. Tamén é a variedade do castelán que máis se escoita en Miami e Nova York (Estados Unidos) e é o empregado polos cantantes de salsa, merengue, bachata e reguetón.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

25, 465-497.

On the Non-Creole Basis for Afro-Caribbean Spanish John M. Lipski

Bibliografía adicional

Categoría:Dialectos da lingua castelá de América