Afram BadiTamén citado como Ephrem Bédé, Afram Baddi, Afram Bady. (en , en ), nado o 20 de xuño de 1916 e finado o 18 de xaneiro de 1984, foi un bispo católico caldeo, primeiro bispo da eparquía do Cairo dende 1980 até o seu pasamento.

Traxectoria Afram Badi naceu no territorio da eparquía de Alqux (Imperio Otomán, hoxe Iraq) o 20 de xuño de 1916. Ingresou no seminario de Mosul en 1929, e o 15 de maio de 1941 foi ordenado sacerdote, comezando a exercer na súa vila natal. Entre 1952 e 1960 exerceu a súa labor en Alepo, onde foi nomeado en 1957 corobispo; traladouse durante dous anos a París e posteriormente a Beirut até 1964, cando trasladouse definitivamente ao Cairo.

Durante toda a súa traxectoria realizou un importante traballo para a fixación e transmisión do patrimonio litúrxico musical caldeo, mediante publicacións (incluída a notación musical en dous volumes, publicada en Roma en 1967) e gravacións de cantos litúrxicos recompiladas no Cairo na década de 1970. En 1962 publicou en Beirut o estudo "Unha visión histórica dos autores e organizadores máis famosos do rito caldeo".

O 23 de abril de 1980 foi nomeado bispo da nova eparquía do Cairo. Recibiu a consagración episcopal o 15 de agosto do mesmo ano en Bagdad, de mans do patriarca Paulo II, e tivo como co-consagradores ao pro-nuncio para Iraq e Kuwait Antonio del Giudice e ao arcebispo de Kirkuk André Sana. Finou no cargo, o 18 de xaneiro de 1984. Foi enterrado na súa vila natal.

Notas

Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados en Iraq Categoría:Finados en 1984 Categoría:Bispos católicos de Iraq Categoría:Bispos católicos de Exipto Categoría:Bispos da Igrexa católica caldea Categoría:Bispos católicos do século XX