Sven Henrik Klackenberg, nado o 1 de marzo de 1954 en Danderyd, provincia de Estocolmo, é un arqueólogo, numismático, anticuario e heraldista sueco, responsable da heráldica estatal de Suecia desde 1999.

Traxectoria Klackenberg fixo os seus estudos superiores de Historia e Arqueoloxía na Universidade de Estocolmo, onde se graduou en 1978. Posteriormente acadou o seu doutoramento na Universidade de Lund en 1992 cunha tese sobre a cuñaxe de moeda na Suecia medieval.Véxase (1992) en "Bibliografía".

A súa primeira actividade profesional desenvolveuna traballando como arqueólogo na Xunta de Patrimonio Nacional de Suecia (Riksantikvarieämbetet), entre 1979 e 1984. Posteriormente pasou a ocupar o posto de anticuario do Museo Histórico de Estocolmo e en 1993 foi nomeado director dese museo e do Gabinete Real de Moedas (Kungliga Myntkabinettet).

En 1998 foi designado heraldista adxunto e en 1999 responsable da heráldica estatal dos Arquivos Nacionais Suecos.Stugart, M. (2004). ”DN GRATULERAR: Han vårdar vårt kulturarv”. Dagens Nyheter. 1 de marzo. Esta responsabilidade leva aparellada a súa pertenza ao Comité Nacional Sueco de Xenealoxía e Heráldica, á Fundación Nacional Sueca e ao Comité Sueco de Tradición da Defensa."Han förvaltar vårt heraldiska arv Henrik Klackenberg berättar om sin uppgift som Statsheraldiker". Svenska Heraldiska Föreningen.

Klackenberg foi presidente da Sociedade Arqueolóxica Sueca (1997-1999) e formou parte do consello directivo da Asociación Sueca de Humanidades (1999-2007).

Recoñecementos (2004): Medalla Gunnar Holst (Gunnar Holst Stiftelse för Numismatik), de Gotemburgo, Suecia,."Gunnar Holst-priset för år 2004". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Febreiro de 2005. Páxina 13. (2011): Cabaleiro de 1ª clase da Orde da Rosa Branca de Finlandia. (2013): Chambelán da Corte Real de Suecia (Kungliga Hovstaterna). (2016): Comisionado da Comisión Internacional para as Ordes de Cabalaría. (2019): Medalla de ouro da Sociedade Heráldica Sueca (Svenska Heraldiska Föreningen).”Medaljörer 2019. Henrik Klackenberg". Svenska Heraldiska Föreningen”. (2020): Medalla de ouro da S. M. o Rei de Suecia (H.M. Konungens medalj)."Medaljförläningar 28 januari 2020". Sveriges Kungahus.

Publicacións Estes son os traballos monográficos máis significativos dos publicados por Henrik Klackenberg ao longo da súa carreira:"Klackenberg, Henrik, 1954". Libris.kb.se

(1977). Bebyggelsen i Svartlösa härad vid 1500-talets mitt. Estocolmo. (1980). Falköpings medeltida bebyggelse. 2. Stockholms universitet. (1981). Falköping. Rapport. Riksantikvarieämbetet och Statens historiska museer. Estocolmo. ISBN 91-7192-486-8 (1981). Skövde. Rapport. Riksantikvarieämbetet och Statens historiska museer. Estocolmo. ISBN 91-7192-487-6 (1981). Hjo. Rapport. Riksantikvarieämbetet och Statens historiska museer. Estocolmo. ISBN 91-7192-524-4 (1982). Lidköping. Rapport. Riksantikvarieämbetet och Statens historiska museer. Estocolmo. Libris länk. ISBN 91-7192-509-0 (1983). Bogesund. Rapport. Riksantikvarieämbetet och Statens historiska museer. Estocolmo. ISBN 91-7192-543-0 (1984). Hästholmen. Rapport. Riksantikvarieämbetet och Statens historiska museer. Estocolmo. ISBN 91-7192-605-4 (1992). Moneta nostra: monetarisering i medeltidens Sverige. Lund studies in medieval archaeology. Almqvist & Wiksell, Estocolmo. ISBN 91-22-01506-X (2002). Medeltidsstadens arkeologi. Swedish Science Press, Uppsala.

Notas

Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados no condado de Estocolmo Categoría:Numismáticos de Suecia Categoría:Arqueólogos de Suecia Categoría:Heraldistas Categoría:Alumnos da Universidade de Estocolmo Categoría:Alumnos da Universidade de Lund Categoría:Galardoados coa medalla Gunnar Holst Categoría:Directores de museos Categoría:Personalidades sen imaxes