Unión Democrática Bretoa (en ; en ) ou UDB, é un partido nacionalista, autonomista e rexionalista da Bretaña e do Loira Atlántico. A UDB defende a transferencia de competencias para a Bretaña, así como a promoción da lingua bretoa e a súa cultura.
A Unión Democrática Bretoa ten tres asentos no Consello Rexional da Bretaña dende marzo de 2004. Un cuarto asento foi outorgado a Christian Troadec, alcalde de Carhaix-Plouguer quen, aínda sen ser membro da organización foi considerado achegado a ela. Porén, escolleu abandonar o consello rexional o 18 de decembro de 2008 por mor de discrepancias polo hospital de Carhaix.
A Unión Democrática Bretoa ten alianzas con Europa Ecoloxía Os Verdes (EELV) e é membro da Alianza Libre Europea (ALE). O partido apoia a creación dunha Europa federal.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Nacionalismo bretón
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Alianza Libre Europea Categoría:Partidos nacionalistas bretóns