André Téchiné, nado en Valence-d'Agen o 13 de marzo de 1943, é un director de cinema e guionista francés. Ten unha longa e recoñecida carreira que o situou entre os máis destacados directores franceses da post-Nouvelle Vague. Téchiné pertence á segunda xeración de críticos asociados con Cahiers du cinéma.

Traxectoria André Téchiné naceu nunha pequena localidade da rexión de Midi-Pyrénées, no department de Tarn-et-Garonne.Marshall, André Téchiné, p. 2 A súa familia, de orixe española, posuía un pequeno negocio de equipamentos agrícolas. Creceu no campo no suroeste de Francia e na súa adolescencia comezou a súa paixón polo cinema. De 1952 a 1959 asistiu a unha escola católica de Montauban. Só podía saír da escola os domingos pola tarde, cando ía ao cinema, aínda que ás veces tiña que regresar antes de que acabase o filme. En 1959 pasou a unha escola pública, e alí foi exposto a outras culturas, con mestres de ideoloxía marxista, un cineclub e unha revista cinematográfica, La Plume et l'écran, en que participou. "Os filmes eran a miña única apertura ao mundo",Riding, Finding Cinematic Gold, New York Times, 29 de decembro de 1996. dixo Téchiné. "Eran a miña única posibilidade de escapar do ambiente familiar e do internado. Probablemente era perigoso porque, a través dos filmes, aprendín como funciona o mundo e as relacións humanas. Mais era máxico, e eu estaba decidido a seguir o fío desa maxia".

Aos dezanove anos mudouse a París para seguir unha carreira como cineasta. Suspendeu o exame de acceso á principal escola de cinema de Francia, mais comezou a escribir críticas para Cahiers du cinéma, onde traballou catro anos (1964–1967). O seu primeiro artigo, sobre La peau douce, de François Truffaut, publicouse en xullo de 1964.

A primeira experiencia de Téchiné na dirección chegou no teatro.Marshall, André Téchiné, p. 4 Pasou despois a ser axudante de director de Marc'O en Les Idoles (1967), versión cinematográfica dunha obra experimental. O filme foi montado por Jean Eustache; Téchiné fixo unha pequena aparición sen acreditar no filme de Eustache La Maman et la putain (1972).Marshall, André Téchiné, p. 5 Téchiné foi tamén axudante de director de Jacques Rivette (o seu editor en Cahiers du Cinema) en L'amour fou (1969).Marshall, André Téchiné, páx. 3

Características Téchiné Destaca polos seus filmes elegantes e cargados emocionalmente que con frecuencia indagan na complexidade e nas emocións da condición humana. Un aroma intimista impregna a súa obra. Unha das marcas de Téchiné é o exame lírico das relacións humanas dun xeito sensible, mais non sentimental.

Influído por Roland Barthes, Bertolt Brecht, Ingmar Bergman, William Faulkner e a Nouvelle Vague, a orixinalidade de Téchiné xace na súa exploración sutil da sexualidade e da identidade nacional, mentres desafía as expectativas nas súas representacións das relacións homosexuais, as dimensións norteafricanas da cultura francesa contemporánea, e a relación centro-periferia entre París e o seu suroeste nativo.Marshall, André Téchiné, cuberta traseira Tímido e de aspecto ascético, Téchiné non opina sobre temas políticos e raras veces aparece na televisión. O seu medo a voar evita que asista a moitas das súas estreas ou aos festivais que están a máis dunha viaxe en tren do seu piso con vistas ao xardín de Luxemburgo.

"Nunca sei como rematará cada filme", dixo Téchiné. "Cando rodo, filmo cada escena coma se fose unha curtametraxe. É só cando monto cando me preocupo pola narración. O meu obxectivo é contar unha historia, mais iso é a última cousa que fago".

Filmografía 1970: Paulina s'en va 1975: Souvenirs d'en France 1976: Barocco 1979: Les Soeurs Brontë 1981: Hôtel des Amériques 1983: La matiouette ou l'arrière-pays, mediometraxe 1984: L'Atelier, mediometraxe para televisión 1985: Rendez-vous 1986: Le lieu du crime 1987: Les innocents 1991: J'embrasse pas 1993: Ma saison préférée 1994: Les Roseaux sauvages 1994: Le Chêne et le roseau, telefilme 1996: Les voleurs 1998: Alice et Martin 2001: Loin 2003: Les égarés 2004: Les Temps qui changent 2006: Les Témoins 2009: La fille du R.E.R 2011: Impardonnables 2014: L'Homme que l'on aimait trop 2016: Quand on a 17 ans 2017: Nos années folles 2019: L'Adieu à la nuit

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Armstrong, Richard; Charity, Tom; Hughes, Lloyd; Winter, Jessica. The Rough Guide to Film, Rough Guides. Jones, Kent. André Téchine. La Estrategia de la Tensión, 42 Semana Internacional de Cine, Valladolid Kael, Pauline. "Lion-Hearted Women", Review of French Provincial (Souvenirs d'en France), The New Yorker, 1 de marzo de 1976, tamén no libro When the Lights Go Down Marshall, Bill. André Téchiné, Manchester University Press, 2007, Milicia, Joseph. Téchiné, André en International Dictionary of Films and Filmmakers. Vol. 2: Directors. St. James Press, 2001. Rees-Roberts, Nick, French Queer Cinema, Edinburgh University Press, 2008, Gale Reference Team, "André Téchiné", Contemporary Authors, Gale-Thomson Philippon, Alain, André Téchiné, Difussion Seuil,1988, Riding, Alan. Finding Cinematic Gold in the Dysfunctional Family, The New York Times, 29 de decembro de 1996 White, Armond. "Strange Gifts: Andre Techine Remakes the Melodrama," Film Comment'', xullo/agosto de 1995 Ligazóns externas Allociné bdfci

Categoría:Nados no departamento de Tarn e Garona Categoría:Nados en 1943 Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Guionistas de Francia Categoría:Críticos de cinema