Temetrius Jamel "Ja" Morant, nado o 10 de agosto de 1999 en Dalzell, Carolina do Sur, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Memphis Grizzlies da National Basketball Association (NBA). Con 1,91 metros de estatura xoga na posición de base.

Traxectoria profesional O 20 de xuño de 2019, Morant foi seleccionado polos Memphis Grizzlies na segunda posición do Draft da NBA de 2019. O 2 de xullo de 2019, asinou cos Grizzlies un contrato por dous anos. Morant debutou na NBA o 23 de outubro de 2019, facendo 14 puntos, 4 rebotes e 4 asistencias na derrota dos Grizzlies por 101-120 contra os Miami Heat. Na súa primeira tempada na liga foi nomeado Rookie do Ano da NBA de 2020, e incluído no mellor quinteto de rookies da tempada.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Carolina do Sur Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Rookie do Ano da NBA