John S. Konesky, nado en Columbus (Ohio) o 19 de novembro de 1980, é un guitarrista, produtor musical e actor ocasional estadounidense.
Traxectoria Konesky naceu e criouse en Columbus, Ohio, onde actuou nunha banda co seu amigo John Spiker. A través dun amigo en común, el e Spiker coñeceron ó guitarrista de Tenacious D Kyle Gass, quen estaba a recrutar músicos para a banda Trainwreck. En 2003, Konesky e Spiker would mudáronse ós Ánxeles e convertéronse no guitarrista e baixista de Trainwreck. En 2005, Konesky e Spiker interpretaron no segundo álbum de Tenacious D, The Pick of Destiny e actuaron en directo na xira The Pick of Destiny Tour, converténdose (xunto co batería Brooks Wackerman) en membros adicionais en directo de Tenacious D. En 2010, Trainwreck separouse, o que motivou que Konesky e Gass formasen Kyle Gass Band. En 2009, Konesky e Gass tamén traballaron en Guitarings a través da súa canle de YouTube. En 2012, Konesky formou Wynchester xunto con Mike Bray. Konesky continuou gravando o terceiro e cuarto álbums de Tenacious D, Rize of the Fenix (2012) e Post-Apocalypto (2018). En 2015, Konesky gañou un Premio Grammy pola súa gravación de "The Last in Line" para o tributo a Ronnie James Dio. Konesky volveu formar parte de Trainwreck cando se volveu xuntar o grupo en 2018.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1980 Categoría:Actores de Ohio Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Columbus, Ohio Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América