Admiral Donovhan Schofield, nado o 30 de marzo de 1997 en Londres, é un xogador profesional británico-estadounidense de baloncesto que xoga nos Orlando Magic da National Basketball Association (NBA). Con 1,96 metros de estatura xoga nas posicións de ala e escolta.

Traxectoria profesional O 20 de xuño de 2019, Schofield foi seleccionado polos Philadelphia 76ers na 42ª posición do Draft da NBA de 2019, e foi inmediatamente traspasado ós Washington Wizards. En xullo asinou cos Wizards un contrato por tres anos.

O 19 de novembro de 2020, Schofield foi traspasado xunto a Vít Krejčí ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Cassius Winston e unha elección da segunda rolda do Draft de 2024.Thunder Acquires Admiral Schofield and Draft Rights to Vít Krejčí Ó remate da pretempada, foi cortado polos Thunder. O 11 de xaneiro de 2021, foi elixido na primeira posición do Draft da NBA G League polos Greensboro Swarm.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Londres Categoría:Xogadores de baloncesto de Inglaterra Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Orlando Magic