Liechtenstein participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1936, e dende entón enviou atletas para competir dos Xogos de Verán e Inverno. O Comité Olímpico de Liechtenstein foi creado en 1935.

Liechtenstein é o país máis pequeno do mundo (tanto en área como en poboación) en gañar unha medalla olímpica. Os deportistas de Liechtenstein gañaron un total de dez medallas, todas elas en esquí alpino, sendo o único país en gañar soamente medallas nos Xogos de Inverno, e non nos de Verán. Liechtenstein ten o maior número de medallas per cápita que calquera outro país do mundo, tendo case unha medalla por cada 3 600 habitantes. Sete das dez medallas foron conseguidas por membros da mesma familia: os irmáns Hanni e Andreas Wenzel, e a filla de Hanni, Tina Weirather. Ademais, os irmáns Willi e Paul Frommelt gañaron dúas das outras tres. Ursula Konzett é a única gañadora de medalla de Liechtenstein que non está relacionada coas familias Wenzel ou Frommelt.

Táboas coas medallas Medallas nos Xogos de Verán XogosDeportistasOuroPrataBronceTotalPosto Berlín 1936 6 0 0 0 0 – Londres 1948 2 0 0 0 0 – Helsinqui 1952 2 0 0 0 0 – Melbourne 1956 non participou Roma 1960 5 0 0 0 0 – Toquio 1964 2 0 0 0 0 – Cidade de México 1968 2 0 0 0 0 – Múnic 1972 6 0 0 0 0 – Montreal 1976 6 0 0 0 0 – Moscova 1980 non participou Os Ánxeles 1984 7 0 0 0 0 – Seúl 1988 12 0 0 0 0 – Barcelona 1992 7 0 0 0 0 – Atlanta 1996 2 0 0 0 0 – Sydney 2000 2 0 0 0 0 – Atenas 2004 1 0 0 0 0 – Pequín 2008 2 0 0 0 0 – Londres 2012 3 0 0 0 0 – Río de Xaneiro 2016 3 0 0 0 0 – Toquio 2020 5 0 0 0 0 – París 2024 1 0 0 0 0 – Os Ánxeles 2028 Evento futuro Brisbane 2032 Total 0 0 0 0 -

Medallas nos Xogos de Inverno XogosDeportistasOuroPrataBronceTotalPosto Garmisch-Partenkirchen 1936 4 0 0 0 0 – Sankt Moritz 1948 10 0 0 0 0 – Oslo 1952 non participou Cortina d'Ampezzo 1956 8 0 0 0 0 – Squaw Valley 1960 3 0 0 0 0 – Innsbruck 1964 6 0 0 0 0 – Grenoble 1968 9 0 0 0 0 – Sapporo 1972 4 0 0 0 0 – Innsbruck 1976 9 0 0 2 2 14 Lake Placid 1980 7 2 2 0 4 6 Saraxevo 1984 10 0 0 2 2 16 Calgary 1988 13 0 0 1 1 16 Albertville 1992 7 0 0 0 0 – Lillehammer 1994 10 0 0 0 0 – Nagano 1998 8 0 0 0 0 – Salt Lake City 2002 8 0 0 0 0 – Turín 2006 5 0 0 0 0 – Vancouver 2010 7 0 0 0 0 – Sochi 2014 4 0 0 0 0 – Pyeongchang 2018 3 0 0 1 1 28 Pequín 2022 2 0 0 0 0 - Milán–Cortina 2026 Evento futuro Total 2 2 6 10 34

Medallas por deporte Xogos de Inverno DeporteOuroPrataBronceTotal 20px Esquí alpino 2 2 6 10 Total 2 2 6 10

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Liechtenstein nos Xogos Olímpicos