A Unión Numismática Nórdica (en finés e dinamarqués: Nordisk Numismatisk Union; en sueco: Nordisk numismatisk union; –NNU–) é unha entidade asociativa que integra diferentes asociacións e sociedades numismáticas de varios países nórdicos.

Historia e composición A Unión Numismática Nórdica fundouse en Copenhague, Dinamarca, o 27 de novembro de 1935, e inicialmente estaba constituída por catro gabinetes numismáticos e por cinco asociacións numismáticas de Suecia, Noruega, Dinamarca e Finlandia. A estas cinco uníronselles posteriormente as asociacións de Islandia, das Illas Feroe e de Turku:"Nordisk Numismatisk Union". Danskmoent.dk"Nordisk Numismatisk Union och våra nordiska systerföreningar". Skånes Numismatiska Förening.

Asociacións numismáticas Asociación Numismática Dinamarquesa (Dansk Numismatisk Forening). Asociación de Coleccionistas de Moedas das Illas Feroe (Føroya myntsafnarafelag). Fondo Monetario Islandés (Myntsafnarafélag Islands). Asociación Numismática Norueguesa (Norsk Numismatisk Forening). Asociación Numismática de Turku (Numismatiska Föreningen i Åbo). Asociación Numismática Finlandesa (Suomen Numismaattinen Yhdistys). Asociación Numismática de Skåne (Skånes numismatiska förening). Sociedade Numismática Sueca (Svenska numismatiska föreningen).

Gabinetes numismáticos Gabinete numismático de Helsinqui. Colección Real de Moedas e Medallas do Museo Nacional de Copenhague. Gabinete Numismático da Universidade de Lund. Gabinete Numismático da Universidade de Oslo. Gabinete Numismático Real de Estocolmo. Gabinete Numismático da Universidade de Uppsala.Mäkeler, H. (2015). "Uppsala universitets myntkabinett nu och i framtiden". En Nordisk Numismatisk Unions Medlemsblad. Nº 1. Páxinas 13-18.

Revistas A NNU é a responsable de dúas publicacións periódicas:

Nordisk Numismatisk Unions Medlemsblad –NNUM– ("Revista dos membros da NNU"), creada en 1936. Publica arredor de 10 números anuais."Nordisk numismatisk årsskrift ". JYKDOK-Finna."Nordisk Numismatisk Unions medlemsblad". WorldCat. Nordisk Numismatisk Årsskrift –NNÅ– ("Anuario Numismático Nórdico"). Publicouse anualmente entre 1936 e finais da década de 1970 e, a partir de aí, con carácter esporádico."Nordisk Numismatisk Årsskrift (NNÅ)". Danskmoent.dk"Nordisk numismatisk årsskrift ". JYKDOK-Finna.

Encontros A unión celebra un encontro conxunto cunha periodicidade de entre dous e catro anos, nun dos países nórdicos. Os máis recentes foron os seguintes: 2017: Oslo. 2014: Helsinqui."Nytt från Nordisk Numismatisk Union". Svenska Numismatiska Föreningen. 2010: Copenhague. 2007: Estocolmo. 2005: Oslo. 2003: Islandia. 2001: Helsinqui. 1999: Illas Feroe. 1997: Copenhague. 1995: Estocolmo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de asociacións numismáticas Unión Monetaria Escandinava

Categoría:Asociacións numismáticas Categoría:Sociedades científicas Categoría:Cultura de Finlandia Categoría:Cultura de Suecia Categoría:Cultura de Noruega Categoría:Cultura de Dinamarca Categoría:Cultura de Islandia Categoría:Organizacións sen ánimo de lucro Categoría:Organizacións internacionais