Non confundir con Sociedade Numismática Finlandesa.

A Asociación Numismática Finlandesa (en finés: Suomen Numismaattinen Yhdistys –SNY–; en sueco Numismatiska Föreningen i Finland r.y.) é unha entidade asociativa fundada en 1914 co obxectivo de unir os investigadores e os coleccionistas de moedas, medallas e obxectos afíns de Finlandia, e promover a ciencia numismática e a arte da medalla finlandesa."Suomen Numismaattinen Yhdistys". Sitio web da SNY.

Ten a súa sede en Helsinqui, e conta con máis de 1.500 afiliados. O seu presidente é Petteri Järvi."Hallitus". Sitio web da SNY.

A SNY é unha das 23 asociacións numismáticas que se integran na Sociedade Numismática Finlandesa (Suomen Numismaatikkoliitto ry –SN–).Asociacións que conforman a SN". Suomen Numismaatikkoliitto ry.

Trátase da asociación máis antiga no seu ámbito e tamén a de maior número de afiliados e a que ten unha área de operacións máis grande. Ademais da súa actuación en Finlandia, a SNY foi unha das entidades fundadoras da Unión Numismática Nórdica en 1936.

A Asociación organizou poxas numismáticas desde o mesmo ano da súa fundación. Ademais emite medallas e promove conferencias, visitas, exposicións e outras actividades educativas e editoriais no ámbito da numismática, entre elas a publicación, desde 1976, de Numismaattinen aikakauslehti ("Revista numismática"), cunha periodicidade de entre 4 e 5 números anuais."Numismaattinen aikakauslehti". Sitio web de SNY.Índice de artigos de Numismaattinen aikakauslehti desde 1992. Sitio web de SNY.

Publicacións Talvio, Tuukka (1994). Tutkijoita, keräilijöitä ja lahjoittajia: Suomalaisia numismaatikkoja 1700-1917 ["Investigadores, coleccionistas e doadores. Numismáticos finlandeses 1700-1917"]. Suomen numismaattinen yhdistys, Helsinqui. ISBN 9789519523637. Talvio, Tuukka (2004). Rahojen parissa: Suomen numismaattinen yhdistys 1914-2004 ["Sobre a moeda: Asociación Numismática Finlandesa 1914-2004"]. Suomen numismaattinen yhdistys, Helsinqui. ISBN 952-99333-0-4

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de asociacións numismáticas Sociedade Numismática Finlandesa Unión Numismática Nórdica Nils J. Lindberg

Ligazóns externas Sitio web da Suomen Numismaattinen Yhdistys

Categoría:Asociacións numismáticas Categoría:Sociedades científicas Categoría:Cultura de Finlandia Categoría:Organizacións sen ánimo de lucro