Richmal Crompton Lamburn (Bury, Lancashire, 15 de novembro de 1890 – Farnborough, 11 de xaneiro de 1969) foi unha escritora inglesa, especializada en libros infantís e narracións de terror. Traxectoria Foi a segunda filla do reverendo anglicano Edward John Sewell Lamburn, pastor protestante e mestre da escola parroquial, e da súa esposa Clara Crompton. O seu irmán máis vello, chamado John Battersby Crompton Lamburn, foi tamén escritor baixo o pseudónimo de John Lambourne, e lémbraselle principalmente pola súa novela de fantasía "The Kingdom That Was" (1931).

Richmal Crompton acudiu á escola para fillas de clérigos anglicanos St. Elphin' s School e gañou unha bolsa para realizar estudos clásicos de latín e de grego no Royal Holloway College, en Londres, onde se graduou en Ciencias Clásicas. Formou parte do movemento sufraxista do seu tempo e volveu a St. Elphin' s en 1914 para ensinar cultura e autores clásicos ata 1917. Con 27 anos marchou á Bromley High School, ao sur de Londres, como profesora da mesma materia ata 1923, cando, contraendo poliomielite, quedou sen o uso da perna dereita. A partir de entón deixou o ensino, usou bastón e dedicouse exclusivamente a escribir no seu tempo de lecer. En 1919 creara xa o seu personaxe máis famoso: William Brown, Guillermo Brown, protagonista de trinta e oito libros de relatos infantís que conforman a saga "Guillermo o traveso", que escribiu ata a súa morte. Con todo, tamén escribiu non menos de corenta e unha novelas para adultos e nove libros de relatos non xuvenís. Non casou, nunca nin tivo fillos, aínda que foi ao parecer unha excelente tía para os seus sobriños. Aos corenta anos, sufriu cancro de mama e fíxose unha mastectomía.

Malia as súas discapacidades, durante a segunda guerra mundial ofreceuse como voluntaria para o Servizo de Bombeiros.

Morreu con 78 anos no ano 1969 dun ataque ao corazón no hospital Farnborough. Crompton enfermara a noite anterior de camiño a casa despois de visitar a casa da súa sobriña en Chelsfield, Kent. Ao sentirse mal durante a noite Crompton telefonou aos seus amigos á mañá seguinte e foi trasladada ao hospital, onde morreu unha hora despois de ser trasladada.

As aventuras de Guillermo As aventuras de Guillermo é a obra con maior recoñecemento de Richmal Crompton. Trátase dunha longa saga de libros, completou 39 libros dentro deste universo, que teñen como personaxe central a Guillermo Brown. A saga tivo moito éxito non seu tempo, chegando a vender doce millóns de exemplares só en Gran Bretaña. Trátanse de relatos divertidos, que chegan ao público infantil e adulto por igual grazas á ironía que acompaña cada historia. Os protagonistas indiscutibles son Guillermo e o seu grupo de amigos, "Os Proscritos": Enrique, Pelirrojo, Douglas e o can "de raza revolta" Jumble. Pero a lista de personaxes é ben longa, destacando outras moitas: a nena Juanita, única debilidade de Guillermo respecto ao sexo feminino (se descontamos á súa nai); o neno Huberto Lane coma o seu antagonista infantil durante toda a serie; a señora Bott... Cada libro está composto dunha serie de historias curtas, respectando cada historia unha estrutura autónoma e completa en si mesma, pero facendo referencias continuas entre elas, de forma que manteñen un fío argumental e toda a seria acada un conxunto homoxéneo. A a autora incorpora unha divertida, intelixente e minuciosa descrición da sociedade da época, visión que ademais vai incorporando, a medida que avanza a serie, diferentes elementos históricos dun xeito moi ben conseguido. Iso si, curiosamente, durante os 38 volumes e pese a que ese avance do contexto histórico abarca varios anos (entre outras cousas enmárcase o inicio e o fin da segunda guerra mundial) os protagonistas manteñen a súa mesma idade durante toda a saga.

Outras obras Ademais da serie de Guillermo, Richmal Crompton escribiu unha serie infantil breve (Jimmi) e outras obras para adultos, eminentemente de terror.

Outros libros infantís

Enter - Patricia, 1927 Jimmy, 1949 Jimmy Again, 1951 Jimmy the Third, 1965

Obras para adultos

The Innermost Room, 1923 The Hidden Light, 1924 Anne Morrison, 1925 The Wildings, 1925 David Wilding, 1926 The House (publicado tamén como Dead Dwelling), 1926 Kathleen and I, and, of course, Veronica, 1926, relatos Millicent Dorrington, 1927 A Monstrous Regiment, 1927, relatos Leadon Hill, 1927 The Thorn Bush, 1928 Roofs Off!, 1928 The Middle Things, 1928, relatos Felicity Stands By, 1928, relatos Sugar and Spice and Other Stories, 1928, relatos Mist and Other Stories, 1928, relatos The Four Graces, 1929 Abbot's End, 1929 Ladies First, 1929, relatos Blue Flames, 1930 Naomi Godstone, 1930 The Silver Birch and Other Stories, 1931, relatos Portrait of a Family, 1932 The Odyssey of Euphemia Tracy, 1932 Marriage of Hermione, 1932 The Holiday, 1933 Chedsy Place, 1934 The Old Man's Birthday, 1934 Quartet, 1935 Caroline, 1936 The First Morning, 1936, relatos There Are Four Sesons, 1937 Journeying Wave, 1938 Merlin Bay, 1939 Seffan Green, 1940 Narcissa, 1941 Mrs. Frensham Describes a Circle, 1942 Weatherly Parade, 1944 Westover, 1946 The Ridleys, 1947 Family Roundabout, 1948 Frost at Morning, 1950 Linden Rise, 1952 The Gypsy's Baby, 1954 Four In Excile, 1954 Matty and the Dearingroydes, 1956 Blind Man's Buff, 1957 Wiseman's Folly, 1959 The Inheritor, 1960

Da súa obra para adultos en España foi traducida e publicada unicamente a colección de contos de fantasmas Bruma (1928) e a novela de terror A morada maligna (1926).

A serie de Guillermo

Edición orixinal en inglés Foron publicados un total de 38 libros da serie:

Just William, 1922 (Travesuras de Guillermo) More William, 1923 (Guillermo o incomprendido) William Again, 1923 (Guillermo fai das súas) William the Fourth, 1924 (Guillermo o xenial) Still William, 1925 (Guillermo e os xemelgos/ Guillermo e o porco premiado) William the Conqueror, 1926 (Guillermo o conquistador) William the Outlaw, 1927 (Guillermo o proscrito) William in Trouble, 1927 (Os apuros de Guillermo) William the Good, 1928 (Guillermo o bo) William, 1929 (Guillermo empresario/ Guillermo e o porco premiado) William the Bad, 1930 (Guillermo o malo) William's Happy Days, 1930 (Guillermo en días felices / Guillermo e os xemelgos) William's Crowded Hours, 1931 (Guillermo o atarefado) William the Pirate, 1932 (Guillermo o pirata) William the Rebel, 1933 (Guillermo o rebelde / Guillermo e o porco premiado) William the Gangster, 1934 (Guillermo o gángster / Guillermo e o porco premiado) William the Detective, 1935 (Guillermo detective) Sweet William, 1936 (Guillermo o amable / Guillermo e os xemelgos) William the Showman, 1937 (Guillermo e os pigmeos / Guillermo e os xemelgos / Guillermo e o porco premiado) William the Dictator, 1938 (Guillermo o loitador) William and Air Raid Precautions, publicado tamén coma William's Bad Resolution, 1939 (Guillermo amaestrador de cans) William and the Evacuees, publicado tamén coma William and the Film Star, 1940 (Guillermo artista de cine) William Does His Bit, 1941 (Guillermo aporta o seu grao de area) William Carries On, 1942 (Guillermo segue adiante) William and the Brains Trust, 1945 (Guillermo e a guerra, publicado tamén coma Guillermo e os intelectuais) William the Bold, 1950 (Guillermo o revolucionario) William and the Tramp, 1952 (Guillermo e o vagabundo) William and the Moon Rocket, 1954 (Guillermo e o foguete á lúa) William and the Artist's Model, 1956 (obra de teatro, inédita en España) William and the Space Animal, 1956 (Guillermo e o animal do espazo) William's Television Show, 1958 (Guillermo e a televisión) William the Explorer, 1960 (Guillermo explorador) William's Treasure Trove, 1962 (Guillermo buscador de tesoros) William and the Witch, 1964 (Guillermo e a bruxa) William and the Pop Singers, 1965 (Guillermo e os cantantes ye-yé) William and the Masked Ranger, 1966 (Guillermo e o xinete enmascarado) William the Superman, 1968 (Guillermo o superhome) William the Lawless, 1970 (Guillermo o bandido)

Ademais, no ano 1948 publicouse "Just William's Luck", única novela da serie que non está composta de relatos curtos senón que un único relato completa o volume. Segue inédita en España. A serie das Aventuras de Guillermo completouse cunha serie de emisións sonoras da BBC, todas elas inéditas en España:

What's Wrong with Civilizashun and Other Important Ritings by Just William, 1990 William the Terrible, BBC Radio Plays volume 1, 2008 William the Lionheart, BBC Radio Plays volume 2, 2008 William the Peacemaker, BBC Radio Plays volume 3, 2009 William the Avenger, BBC Radio Plays volume 4, 2009 William the Smuggler, BBC Radio Plays volume 5, 2010 William's Secret Society, BBC Radio Plays volume 6, 2010

Véxase tamén

Ligazóns externas

Biografía de Richmal Crompton Estudo das edicións das Aventuras de Guillermo en Español Cronoloxía e portadas das edicións das Aventuras de Guillermo en Español Análise de Javier Marías sobre a serie "As aventuras de Guillermo"

Categoría:Literatura_de_Inglaterra