miniatura|250px|Ofeq 3. Ofeq foi unha serie de satélites artificiais para demostracións tecnolóxicas e de recoñecemento de Israel.
Características Os satélites Ofeq son satélites de demostración tecnolóxica e de recoñecemento de Israel. Os dous primeiros foron os primeiros satéites enviados ao espazo por Israel como satélites de proba. As seguintes unidades adicáronse a recoñecemento óptico e electrónico.
Ofeq 1 e 2 Ofeq 1, denominado orixinalmente Oz 1, foi lanzado o 19 de setembro de 1988 desde a base Palmachim da Forza Aérea en Israel e converteu ao país na oitava nación en lograr poñer un satélite en órbita polos seus propios medios. O satélite estabilizábase mediante xiro e tiña forma de prisma octogonal irregular alimentado por células solares que recubrían a súa superficie. Debido a restriccións xeográficas o satélite foi enviado a unha órbita retrógrada. Reentrou na atmosfera terrestre o 14 de xaneiro de 1989. Ofeq 2 era similar a Ofeq 1 e foi lanzado o 3 de abril de 1990, reentrando na atmosfera o 9 de xullo de 1990. Ambos satélites tiñan unha masa de cerca de 160 kg e foron lanzados con foguetes nativos Shavit.
Ofeq 3 e 4 Ofeq 3 e 4 formaron a primeira xeración de satélites espía israelís. Foron lanzados respectivamente o 5 de abril de 1995 e o 23 de xaneiro de 1998, con este último non chegando a órbita por problemas no seu foguete. Foron deseñados para obter información dos países veciños de Israel e ao igual que Ofeq 1 e 2 foron lanzados a órbitas retrógradas. A súa masa rondaba os 190 kg.
Ofeq 5, 6, 7 e 9 Ofeq 5, 6, 7 e 9 formaron a segunda xeración de satélites espía de Israel. Eran versións melloradas dos Ofeq 3 e 4 e tamén estaban adicados a recompilar información da contorna de Israel. Foron lanzados entre 2002 e 2010, con Ofeq 6 non chegando a órbita por problemas co seu lanzador Shavit.
Ofeq 8 e 10 Ofeq 8 e 10, tamén denominados TECSAR 1 e TECSAR 2, foron os primeiros satélites de recoñecemento israelís en usar radar de apertura sintética. Ofeq 8 foi lanzado o 21 de xaneiro de 2008 a bordo dun foguete indio PSLV-CA e Ofeq 9 foi enviado ao espazo o 9 de abril de 2014 a bordo dun Shavit 2.
Ofeq 11 e 16 Ofeq 11 e 16 son unha serie mellorada de satélites de recoñecemento óptico israelís baseados no bus OPSAT-3000, derivado dos satélites TECSAR (Ofeq 8 e 10). Ofeq 11 foi posto en órbita o 13 de setembro de 2016 mentres que Ofeq 16 o foi o 6 de xullo de 2020. Ambos usaron foguetes Shavit 2.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasOfeq 119 de setembro de 1988ShavitÉxitoOfeq 23 de abril de 1990ShavitÉxitoOfeq 35 de abril de 1995ShavitÉxitoOfeq 423 de xaneiro de 1998ShavitFalloOfeq 528 de maio de 2002Shavit 1ÉxitoOfeq 66 de setembro de 2004Shavit 1FalloOfeq 710 de xuño de 2007Shavit 2ÉxitoOfeq 821 de xaneiro de 2008PSLV-CAÉxitoOfeq 922 de xuño de 2010Shavit 2ÉxitoOfeq 109 de abril de 2014Shavit 2ÉxitoOfeq 1113 de setembro de 2016Shavit 2ÉxitoOfeq 166 de xullo de 2020Shavit 2Éxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos Shavit Shavit 1 Shavit 2 PSLV-CA
Categoría:Satélites artificiais