Mark Garrow, M.I.C., nado o 2 de abril de 1955 en Wilbraham e finado o 19 de outubro de 2007 en Stockbridge, foi un sacerdote católico latino estadounidense, xeneral da Congregación dos Padres Marianos entre 1999 e 2005. Traxectoria Despois da súa ordenación sacerdotal o 29 de decembro de 1984, foi mestre superior de novizos en Brookeville, Maryland, e prefecto de formación da provincia de Santo Estanislau Kostka.
Entre os anos 1993 e 1999 foi membro do Consello Xeral da Congregación dos Padres Marianos, e foi o prefecto xeral de formación. Entre os anos 1999 e 2005 foi o xeneral superior da súa congregación. Mentres exercía como xeneral, dirixiu o proceso de fusión das dúas provincias americanas da orde.
En 2006 foi elixido primeiro provincial da Provincia da Santísima Virxe María, Nai da Misericordia, establecida en 2005 nos Estados Unidos de América. Mantivo este cargo ata a súa morte por cancro en 2007.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Massachusetts Categoría:Finados en 2007 Categoría:Marianos da Inmaculada Concepción Categoría:Relixiosos católicos dos Estados Unidos de América Categoría:Sacerdotes católicos dos Estados Unidos de América Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Sacerdotes católicos do século XX Categoría:Sacerdotes católicos do século XXI