María África Gracia Vidal coñecida como María Montez, nada en Barahona, República Dominicana, o 6 de xuño de 1912 e finada en Suresnes, Francia, o 7 de setembro de 1951, foi unha actriz de cinema dominicana que gañou sona na década de 1940 como unha beleza exótica protagonizando unha serie de películas de aventuras filmadas en Technicolor. A súa imaxe na pantalla foi dunha sedutora que usaba vestidos con traxes de fantasía e xoias brillantes.
Ao longo da súa carreira Montez participou en arredor de 26 filmes, 21 deles rodados nos Estados Unidos e cinco en Europa. O apelido Montez tomouno en homenaxe á bailarina Lola Montez.
Traxectoria Primeiros anos María África Gracia Vidal naceu na provincia de Barahona, República Dominicana, segunda dos dez fillos do español Isidoro García,No libro Maria Montez, Su Vida de Margarita Vicens de Morais, pódese ver unha copia do certificado de nacemento de María Montez, probando que o seu nome orixinal era María África Gracia Vidal e o do seu pai era Isidoro Gracia (e non García, como ás veces se confundiu). Margarita Vicens de Morales: María Montez, Su Vida. Recóllese na páxina 26 da edición de 2003 nacido en Garafía (La Palma), e da dominicana Teresa Vidal. O seu pai dedicábase á exportación de madeira e á venda de tecidos. A idade temperá idade, Montez aprendeu a falar inglés. Díxose que foi educada nun convento católico de Santa Cruz de Tenerife e que a mediados da década de 1930, o seu pai foi nomeado cónsul español en Belfast, onde se mudou a familia. Porén, o libro de Margarita Vicens Morales sobre Montez indica que isto forma parte dunha biografía falsa realizada por Universal Pictures e que Montez viviu os primeiros 27 anos da súa vida en República Dominicana.
Carreira Mentres visitaba Nova York, foi descuberta por un cazatalentos. O seu primeiro traballo foi posar para a portada dunha revista por 50 dólares.
Decidida a converterse nunha actriz de teatro, contratou un axente e creou unha biografía que a facía varios anos máis nova. Nalgúns caso puña como data de nacemento "1917" e noutros "1918". Finalmente, aceptou unha oferta de Universal Pictures por 150 dólares a semana. Fixo o seu debut cinematográfico no filme de serie B Boss of Bullion City dirixid por Ray Taylor e protagonizad por Johnny Mack Brown.
A súa beleza axiña a converteu na peza central dos filmes de aventuras en Technicolor da Universal, en particular os seis filmes en que actuou xunto a Jon Hall (Arabian Nights, White Savage, Alí Babá e os corenta ladróns, Cobra Woman, Gypsy Wildcat e Sudan). Universal non tiña unha "rapaza glamourosa" como outros estudios (equivalente a Hedy Lamarr (MGM), Dorothy Lamour (Paramount), Betty Grable (20th Century Fox), Rita Hayworth (Columbia) ou Ann Sheridan (Warner Bros)) e decidiron darlle a Montez este papel, co que recibiu moita publicidade. Tamén soubo promoverse ela mesma e adoptou a pose de "estrela" na súa vida privada. A identificación con esta imaxe cinematográfica foi tal que María Montez foi coñecida como "The Queen of Technicolor" (A Raíña do Technicolor).
Montez dixo en 1945 que estaba "cansa de ser a princesa de conto de fadas todo o tempo" e que quería aprender a actuar. Loitou coa Universal por papeis diferentes. Foi suspendida por rexeitar o papel protagonista en Frontier Gal; a personaxe foi interpretada por Yvonne De Carlo que se convertera nun tipo de estrela similar a Montez e comezara a substituíla no estudio.
Montez ademais apareceu no western Pirates of Monterey xunto a Rod Cameron e en The Exile, dirixido por Max Ophüls e protagonizada por Douglas Fairbanks Jr.
Montez e o seu marido Jean-Piere Aumont formaron a súa propia compañía, Christina Productions. En xaneiro de 1951, protagonizou a obra dunha única personaxe L'Ile Heureuse ("A illa feliz") escrita polo seu marido, mais as críticas non foron boas.Aumont p 137 Tamén escribiu tres libros: Forever Is A Long Estafe, Hollywood Wolves I Have Tamed e Reunion In Lilith. Destes libros, só se publicaron os dous primeiros. Así mesmo dedicouse a escribir unha serie de poesías, entre elas Crepúsculo, que gañou un premio da Asociación The Manuscriters.
Morte Montez morreu aos 39 anos de idade, o 7 de setembro de 1951, aparentemente debido a un ataque ao corazón. Foi atopada afogada na bañeira da súa residencia de Suresnes. Foi enterrada no cemiterio de Montparnasse. Na súa tumba móstrase 1918 como a súa data de nacemento, sendo 1912 a real.
Vida persoal O primeiro matrimonio de Montez foi con William G. McFeeters, un rico banqueiro que serviu no Exército Británico. Casaron cando Montez tiña 17 anos e divorciáronse posteriormente. Durante máis dun ano díxose que Montez estaba prometida con Claude Strickland, oficial de voo da RAF a quen coñecera en Nova York. Porén, máis adiante revelouse que fora un truco publicitario.
Mentres traballaba en Hollywood, coñeceu o actor francés Jean-Pierre Aumont. Casaraon o 13 de xullo de 1943 na casa de Montez en Beverly Hills. Charles Boyer foi o padriño e Jannine Crispin a dama de honor. Aumont tivo que marchar uns días despois da súa voda para servir nas Forzas Francesas Libres e loitar contra a Alemaña nazi pola segunda guerra mundial. Despois da guerra, a parella tivo unha filla, Maria Christina (coñecida como Tina Aumont), nada en Hollywood o 14 de febreiro de 1946. Posteriormente, mudáronse a unha casa en Suresnes, no suburbio oeste de París, durante a Cuarta República Francesa. En 1949, Aumont anunciou que ían divorciarse, mais permaneceron xuntos ata a morte de Montez.
Filmografía AnoFilmePersonaxe1940Boss of Bullion CityLinda CalhounThe Invisible WomanMarie1941Lucky DevilsBathing Beauty (sen acreditar)That Night in RioInezRaiders of the DesertZuleikaSouth of TahitiMelahiMoonlight in HawaiiIlani1942Bombai ClipperSonya Dietrich LandersMystery of Marie RogetMarie RogetPardon My SarongEscenas eliminadasArabian NightsSherezade1943White SavagePrincesa Tahia1944Alí Babá e os corenta ladróns. A cimitarra perdida de ArabiaAmaraFollow the BoysEla mesma (sen acreditar)Cobra WomanTollea / NajaGypsy WildcatCarlaBowery to BroadwayMarina1945SudanNaila1946TangierRita1944The ExileCondesaPirates of MontereyMarguerita Novarro1949Siren of AtlantisRaíña AntineaHans le marinDolores, a prostitutaPortrait d'un assassinChristina de Rinck1950The Thief of VeniceTina1951Amore e sangueDoloresLa vendetta del corsaroConsuelo
Legado Na República Dominicana recibiu a condecoración coa Orde de Juan Pablo Duarte no Grao de Oficial e a Orde de Trujillo no mesmo grao, que lle outorgou o ditador Rafael Leónidas Trujillo en novembro de 1943. Os estudos da canle de televisión dominicana CERTV levan o seu nome, así como unha rúa na cidade de Barahona, o seu lugar de nacemento. O 27 de abril de 1996, o presidente Joaquín Balaguer inaugurou o Aeroporto Internacional María Montez. En 2012, déuselle o seu nome a unha estación da Liña 2 do metro de Santo Domingo. O cineasta underground estadounidense Jack Smith considerou a Montez como unha icona do estilo camp. Escribiu un manifesto estético titulado "The Perfect Filmic Appositeness of Maria Montez", e realizou elaboradas homenaxes nos seus filmes, incluído no célebre Flaming Creatures.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas , incluído o baile coa serpe de Cobra Woman An appreciative essay comparing Maria Montez and her namesake, Warhol Superstar Mario Montez
Categoría:Nados na República Dominicana Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Actores de cinema