Florence Foster Jenkins, nada como Narcissa Florence Foster en Wilkes-Barre, Pensilvania o 19 de xullo de 1868 e finada en Nova York o 26 de novembro de 1944, foi unha socialite e soprano afeccionada estadounidense, que foi coñecida e ridiculizada polo seu vestiario rechamante e a súa pobre habilidade para cantar. Stephen Pile considerouna "a peor cantante de ópera do mundo... Ninguén, antes ou despois, tivo éxito en liberarse tan completamente dos grillóns da notación musical".Orixinal en inglés: "the world's worst opera singer... No one, before or since, has succeeded in liberating themselves quite so completely from the shackles of musical notation".
A causa da súa incompetencia técnica, converteuse nunha figura musical de culto durante as décadas de 1920 a 1940. Cole Porter, Gian Carlo Menotti, Lily Pons, Sir Thomas Beecham, e outras celebridades eran fans dela.Florence Foster Jenkins en American National Biography Online, consultado o 18 de outubro de 2016."Celebrity fan club: the stars who loved the world's worst singer" , The Daily Telegraph, consultado o 20 de setembro de 2016. Dise que Enrico Caruso a "contemplou con afecto e respecto".Florence Foster Jenkins en maxbass.com, consultado o 21 de novembro de 2016.
O poeta William Meredith escribiu que un recital de Jenkins "nunca era exactamente unha experiencia estética, ou só ata o grao da experiencia estética que proporcionaba un antigo cristián entre os leóns; era sobre todo unha inmolación, e Madame Jenkins sempre era devorada ao final".Orixinal en inglés: "was never exactly an aesthetic experience, or only to the degree that an early Christian among the lions provided aesthetic experience; it was chiefly immolatory, and Madame Jenkins was always eaten, in the end".The Worst Singer in the World. psmag.com, consultado o 11 de agosto de 2016.
Gravacións Son As únicas gravacións profesionais de Jenkins consisten en nove seleccións en cinco discos de 78-rpm (Melotone Recording Studio, New York City, 1941–1944), producido pola propia Jenkins, financiado por ela e vendido aos seus amigos por 2,50 dólares cada copia. As seleccións inclúen catro arias de coloratura de óperas de Mozart, Delibes, Johann Strauss II e Félicien David, e cinco cancións, dúas escritas para Jenkins polo seu acompañante musical, Cosmé McMoon. Sete das seleccións foron publicada por RCA Victor nun LP de 10 polgadas en 1954 e nun de 12 polgadas en 1962, The Glory () of the Human Voice.The Glory (????) of the Human Voice en Discogs Cara A Mozart: "Aria da Raíña da Noite", de Die Zauberflöte (en inglés) Liadoff: "The Musical Snuff-Box" (versión inglesa de Adele Epstein) McMoon: "Like a Bird" (letra de Jenkins) Delibes: "Bell Song", from Lakmé (en francés) David: "Charmant oiseau" (con frauta e piano), de La perle du Brésil (en francés) Bach/: "Biassy" (baseado no preludio de Preludio e fuga en G menor, BWV 861 de Bach, con letra de Alexander Pushkin, en ruso) Johann Strauss II: "Mein Herr Marquis" de Die Fledermaus (versión inglesa de Lorraine Noel Finley) Cara B de Faust, de Gounod, Jenny Williams (soprano), Thomas Burns (piano) "Valentine's Aria" (Ere I leave my native land) "Jewel Song" (O heavenly jewels) "Salut, demeure" (Emotions strange) Final Trio (My heart is overcome with terror, cantada como dúo)
Imaxes Jenkins encargou a filmación das súas actuacións no evento anual do Verdi Club, o "Baile das Calandras Prateadas", que se celebraba cada outubro no Ritz Carlton Hotel. Críase que todas estaban perdidas ata que en 2009 se atoparon copias dende 1934 a 1939 e de 1941.
Na cultura popular Teatro Precious Few, obra sobre Jenkins e o novelista inglés Ronald Firbank, de Terry Sneed, estreouse en 1994 en Little Rock, Arkansas. Goddess of Song, obra dunha única actriz do dramaturgo surafricano Charles J. Fourie, interpretada por Carolyn Lewis en 1999 en Cidade do Cabo. Viva La Diva, de Chris Ballance, estreouse en Edimburgo en 2001. Souvenir: a Fantasia on Florence Foster Jenkins, de Stephen Temperley, estreouse en off-Broadway no York Theatre en 2004 con Jack Lee como Cosme McMoon e Judy Kaye como Jenkins. Pasou a Broadway en 2005, dirixida por Vivian Matalon e protagonizada por Donald Corren e Judy Kaye. Glorious!, de Peter Quilter, estreouse en 2005 en Londres con Maureen Lipman como Jenkins. Foi candidata ao premio Olivier á mellor nova comedia, e dende entón foi estreada en máis de corenta países en 27 linguas.
Outros medios A peza curta de Anne McCaffrey "Euterpe on a Fling" (1994) é unha entrevista ficticia con Jenkins. En 2007 estreouse o documental biográfico Florence Foster Jenkins: A World of Her Own.Jeremy Nicholas, "Review: Florence Foster Jenkins – (A) World of Her Own" , Gramophone. O filme francés de 2015 Marguerite está vagamente inspirado na vida e na carreira de Jenkins. Florence Foster Jenkins, é un biopic británico protagonizado por Meryl Streep dirixido por Stephen Frears e estreado en Londres o 12 de abril de 2016. Streep foi eloxiada pola súa interpretación e recibiu unha candidatura ao Óscar.Evans, Suzy, "'Florence Foster Jenkins' Screenwriter, Co-Stars Praise Meryl Streep's Dedication, Commitment" , Hollywood Reporter, 10 de agosto de 2016, consultado o 19 de setembro de 2016.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Florence Foster Jenkins ephemera, a scrapbook kept for Jenkins and her husband, St. Clair Bayfield, in the Music Division of The New York Public Library for the Performing Arts Liner-notes from the RCA CD, photos, and an article on Jenkins by Daniel Dixon Maureen Lipman, "Playing the diva of din", The Guardian, 3 de novembro de 2005 "Tra-la-laughable, but loving it" about the play Glorious!, The Sydney Morning Herald (4 de outubro de 2007) 5 People Who Failed Their Way to Fame And Fortune – #2. Florence Foster Jenkins
Categoría:Nados no condado de Luzerne, Pensilvania Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1944 Categoría:Cantantes de Pensilvania Categoría:Estadounidenses de ascendencia galesa