Jena é unha cidade do centro-leste de Alemaña, no Land de Turinxia, situada no val do río Saale e rodeada de montañas calcarias e bosques. Está a 250 km do sur de Berlín, 370 km ao noroeste de Múnic e a 20 km ao leste de Weimar.

Historia

A cidade fíxose famosa por dous motivos: por posuír unha das universidades con máis tradición cultural e científica de Alemaña (a Universidade Friedrich Schiller de Jena), e pola súa importante industria óptica (Carl Zeiss AG).

Ao redor de 1800 Jena converteuse, xunto con Weimar, no centro cultural de Alemaña. Nesta época nacen en Jena o Romanticismo Universal, o Idealismo Alemán e gran parte da literatura contemporánea alemá.

Véxase tamén

Ligazóns externas Jena in Zahlen .

Categoría:Cidades de Turinxia