Carlos Alberto Montes Marqués, nado no Carballiño en 1966, é un historiador e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi director da emisora Cablevisión do Carballiño (1997). En 1999 foi nomeado director da Escola Taller Arenteiro.La Voz de Galicia, Ourense, 3-12-1999, p. 43. Nas eleccións municipais de 2003 foi o número 2 da lista do PSdeG-PSOE e foi elixido concelleiro do Carballiño e tenente alcalde. Logo da renuncia de Pachi Vázquez para se presentar ás eleccións autonómicas do 2005, foi elixido alcalde do Carballiño en maio dese ano. Nas municipais de 2007 foi o candidato do PSdeG á alcaldía do Carballiño e foi elixido alcalde ó selo cabeza de lista máis votado. Foi deputado provincial (2007-2011). Presidiu a comisión da sección de vilas termais da FEGAMP e foi membro da executiva do mesmo departamento da FEMP.Carballiño, una villa con futuro termal Renunciou a presentarse á reelección en 2011, sendo substituído á fronte do PSdeG por Francisco Fumega e da alcaldía por Argimiro Marnotes Fernández.

Obras As orixes do Carballiño (1600-1750), Centro de Estudios Chamoso Lamas, 2003.

Alarifes do Carballiño, Centro de Estudios Chamoso Lamas, 2023.Carlos Montes presenta o seu libro “Alarifes do Carballiño” Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Carballiño

Categoría:Historiadores de Galicia

Categoría:Alcaldes do Carballiño Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1966