Aire foi un semanario deportivo editado en Pontevedra entre 1929 e 1935. Historia e características O semanario tivo dúas etapas: a primeira, de 1929 a 1930, e a segunda, de 1934 a 1935.
Primeira etapa
Subtitulado Semanario deportivo, apareceu o 14 de outubro de 1929. Publicábase os luns e contiña información sobre todo tipo de deportes, pero centrada nos partidos de fútbol galegos e os do resto do Estado.El Progreso, 12-10-1929, p. 2.El Pueblo Gallego, 12-10-1929, p. 8. No seu primeiro número apareceu unha sección que recordaba os deportes tradicionais practidos en Galicia.El Pueblo Gallego, 16-10-1929, p. 8. Foi impulsado polo Eiriña Club de Fútbol, equipo que estivera presidido por Antón Losada Diéguez (quen xusto faleceu ao día seguinte da aparición do periódico) e do que eran seareiros Alexandre Bóveda e Castelao, que publicou caricaturas de futbolistas no semanario. Foi un lugar de encontro de intelectuais que compartían nesas páxinas as súas inquietudes deportivas. No editorial do seu primeiro número dise:
Ten as mesmas características das súas contemporáneas. Destaca a sección Fungueirazos, con ruxerruxes e críticas á competencia. A súa primeira etapa finalizou o 24 de febreiro de 1930.
Segunda etapa Iniciou unha segunda etapa en novembro de 1934.El País, 14-11-1934, p. 2.El Pueblo Gallego, 15-11-1934, p. 4. O redactor xefe era Segismundo Blanco Cuesta (que asinaba como Don Verdades) e tiña como correspondente na Coruña a José Saturnino Mejuto Iglesias.El Pueblo Gallego, 10-8-1974, p. 13. Destaca a sección Futbolerías. O aumento das fotografías e o paso dun afeccionado deportivo selecto e culto a un máis amplo e heteroxéneo fixeron aparecer textos menos recargados e rimbombantes. Mantivo rivalidade co semanario vigués Sprint e co coruñés Hércules. Cesou definitivamente a súa publicación o 27 de maio de 1935.
Notas
Véxase tamén Bibliografía (2012): A prensa deportiva en Galicia. Historia, modelos e tipoloxía (1909‐2009) . Universidade de Santiago de Compostela: tese de doutoramento.
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:Prensa deportiva
Categoría:1929 en Galicia