Verónica Bolón Canedo, nada en Carballo en 1984, é unha enxeñeira informática profesora e investigadora na Universidade da Coruña. En 2020 foi galardoada co premio Dona Tic o que outorga a Consellería de Políticas Dixitais e Administración Pública da Generalitat de Cataluña.

Traxectoria Verónica Bolón é enxeñeira e doutora en Informática pola Universidade da Coruña (UDC). Tras realizar unha estadía posdoutoral na Universidade de Manchester, en 2016 incorporouse como profesora no Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da UDC, onde está integrada no grupo de investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) do CITIC, coordinado por Amparo Alonso Betanzos. Desenvolve a súa investigación no campo da Intelixencia Artificial, centrándose na aplicación social da tecnoloxía: desenvolvendo algoritmos de aprendizaxe automática que axudan no diagnóstico de varias enfermidades ou en proxectos de detección de verteduras de petróleo nos océanos.

En 2018 recibiu unha Bolsa Leonardo da Fundación BBVA. Desde 2018 é Secretaria da Asociación Española para a Intelixencia Artificial. Está moi comprometida co fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas, coordinando o nodo da Coruña do proxecto Inspira STEAM. En 2020 foi elelixida nova académica de número da Academia Joven de España.En 2022 foi nomeada académica da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España.

Recoñecementos

Premio Dona Tic 2020 Forma parte do documental Marxe de erro en 2021.

Notas

Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en 1984 Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Enxeñeiros informáticos Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña