O Camerún participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1964, e dende entón enviou atletas para competir en cada edición dos Xogos de Verán. O país retirouse dos Xogos de 1976 após tres días de competición, para unir o boicot africano en resposta da participación de Nova Zelandia, quen aínda mantiña relacións deportivas coa Suráfrica do apartheid. O Camerún tamén participou nos Xogos Olímpicos de Inverno nunha ocasión, en 2002, cun só representante, Isaac Menyoli.
Os deportistas cameruneses gañaron un total de seis medallas, incluíndo a medalla de ouro en fútbol nos Xogos de 2000.
O Comité Nacional Olímpico e Deportivo do Camerún foi creado e recoñecido polo Comité Olímpico Internacional en 1963.
Táboas coas medallas Medallas nos Xogos de Verán XogosDeportistasOuroPrataBronceTotalPosto Toquio 1964 1 0 0 0 0 – Cidade de México 1968 5 0 1 0 1 39 Múnic 1972 11 0 0 0 0 – Montreal 1976 8 0 0 0 0 – Moscova 1980 25 0 0 0 0 – Os Ánxeles 1984 48 0 0 1 1 43 Seúl 1988 15 0 0 0 0 – Barcelona 1992 8 0 0 0 0 – Atlanta 1996 15 0 0 0 0 – Sydney 2000 35 1 0 0 1 50 Atenas 2004 17 1 0 0 1 54 Pequín 2008 33 1 0 0 1 52 Londres 2012 33 0 0 1 1 79 Río de Xaneiro 2016 24 0 0 0 0 – Toquio 2020 12 0 0 0 0 – París 2024 6 2 0 1 3 39 Os Ánxeles 2028 Evento futuro Brisbane 2032 Total 3 1 2 6 74
Medalla nos Xogos de Inverno XogosDeportistasOuroPrataBronceTotalPosto Salt Lake City 2002 1 0 0 0 0 – 1988–2018 non participou Total 0 0 0 0 –
Medallas por deporte Xogos de Verán DeporteOuroPrataBronceTotal 20px Atletismo 2 0 0 2 20px Fútbol 1 0 0 1 20px Boxeo 0 1 1 2 20px Halterofilia 0 0 1 1 Total 3 1 2 6
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Camerún nos Xogos Olímpicos