Richard Roundtree, nado en New Rochelle, Nova York,NNDB - Richard Roundtree o 9 de xullo de 1942, é un actor e modelo estadounidense. Destacou como "o primeiro heroe de acción negro"Tweedle, Sam, "I'm Just Talkin' About Shaft (And We Can Dig It)," Confessions of a Pop Culture Addict, Internet website , consultado o 20 de agosto de 2014. pola súa interpretación do detective privado John Shaft no filme de 1971 Shaft, e as súas catro secuelas, estreadas entre 1972 e 2019. Polo primeiro destes filmes, foi candidato ao Globo de Ouro á mellor nova estrela do ano en 1972.
Traxectoria Roundtree naceu en 1942, fillo de John e Kathryn Roundtree. Asistiu ao New Rochelle High School, graduándose en 1961. Durante os anos do instituto, xogou con éxito no equipo de fútbol americano da escola. Posteriormente, Roundtree estudou na Southern Illinois University en Carbondale, Illinois. Roundtree deixou a facultade en 1963 para iniciar a súa carreira.
Roundtree comezou a súa carreira profesional como modelo na Ebony Fashion Fair tras ser descuberto por Eunice W. Johnson. Despois do éxito na feira, pasou a traballar de modelo de produtos como a brillantina DukeEBONY Magazine - maio de 1968 e os cigarros Salem.EBONY Magazine - abril de 1970 en 1967, Roundtree uniuse ao Negro Ensemble Company. O seu primeiro papel na compañía foi interpretar o lendario boxeador Jack Johnson na produción de The Great White Hope. Roundtree destacou como protagonista de filmes blaxploitation na década de 1970, especialmente polo detective John Shaft no filme de acción Shaft (1971) e as súas secuelas. Tamén apareceu con Laurence Olivier e Ben Gazzara en Inchon (1981). Na televisión, interpretou o escravo Sam Bennett na serie de 1977 Roots e ao Dr. Daniel Reubens en Generations entre 1989 e 1991. Aínda que Roundtree continuou a traballar na década de 1990, moitos dos seus filmes non foron ben recibidos; porén, logrou éxito no teatro.Sewall, Rhonda B., "Actor, icon, survivor: Richard Roundtree appears in 'Men Cry in the Dark, The Toledo Blade, 7 de outubro de 2005.Ames, Denise, "One on One with Richard Rountree", The Toluca Lake Times and Canyon Crier (CA), 6 de marzo de 2014.
Non obstante, durante ese período, reapareceu na pequena pantalla como icona cultural. O 19 de setembro de 1991 apareceu nun episodio de Beverly Hills, 90210 con Vivica A. Fox e en 2000 volveu interpretar a John Shaft en Shaft, con Samuel L. Jackson como protagonista.
En 2019, Roundtree coprotagonizou a comedia What Men Want, e volveu ao papel de John Shaft en Shaft, secuela do filme de 2000, con Samuel L. Jackson e Jessie Usher, que interpretan a John Shaft II e John Shaft III, respectivamente. Esta vez, a personaxe de Roundtree foi descrita como o pai da personaxe de Jackson, mentres que supostamente era o seu tío no filme de 2000.
Vida persoal Roundtree casou en dúas ocasións. O seu primeiro matrimonio foi con Mary Jane Grant, coa que casou o 27 de novembro de 1963. Roundtree e Grant tiveron dous fillos antes de divorciarse en decembro de 1973. Casou con Karen M. Ciernia en setembro de 1980; xuntos tiveron tres fillos. Roundtree e Ciernia divorciáronse en 1998.
Roundtree foi diagnosticado con cancro de mama masculino en 1993 e foi sometido a unha dupla mastectomía e quimioterapia.
Filmografía AnoTítuloPersonaxeNotas1971ShaftJohn Shaft1972EmbassyRichard "Dick" ShannonShaft's Big Score!John Shaft1973Charley-One-EyeThe Black ManShaft in AfricaJohn Shaft1974EarthquakeMiles1975Man FridayFridayDiamondsArchie1979Escape to AthenaNat JudsonPortrait of a HitmanCoco MorrellGames for VulturesGideon MarungaDays of the AssassinFessler1980Gypsy AnglesDr. Carlson1981InchonSergeant Augustus HendersonAn Eye for an EyeCaptain Stevens1982QPowellOne Down, Two to goRalph1983Young WarriorsSergeant John AustinThe Big ScoreGordon1984KillpointAgent Bill BryantCity HeatDehl Swift1986Opposing ForceStaffordJocksChip Williams1988Maniac CopCommissioner PikeParty LineCaptain BarnesAngel III: The Final ChapterLieutenant Doniger1989Miami CopsGambieGetting EvenDundeeNight VisitorsCaptain CraneCrack HouseLieutenant JohnsonThe BankerLloyd1990Bad JimJuly1991A Time to DieCaptain Ralph Phipps1992Bloodfist III: Forced to FightSamuel Stark1993Body of InfluenceHarry ReamsDirecto a vídeoSins of the NightLesDeadly RivalsAgent PetersonAmityville: A New GenerationPauliDirecto a vídeoMind TwisterFrank Webb1995BallisticHaroldSe7enTalbotOnce Upon a Time... When We Were ColoredCleveTheodore RexCommissioner Lynch1996Original GangstasSlick1997George of the JungleKwameSteelUncle Joe2000ShaftUncle John Shaft2001AntitrustLyle BartonShoot!CurtametraxeHawaiian GardensM.O.Corky RomanoHoward Shuster2002Capone's BoysBoom-BoomTamén coñecido como Al's LadsBoat TripFelicia's Dad2003Men Cry in the DarkDirecto a DVD2004Short Fuse: A Collection of Explosive ShortsDirecto a DVDMax Havoc: Curse of the DragonTahsi2005BrickAssistant V.P. Trueman2006Wild SevenLee Marvin - Cleetus Woods2007All the Days Before TomorrowEl DoctorVegas VampiresRick Apping2008Speed RacerBen Burns2009Set ApartJ.T.2010The ConfidantClaudeVeilMichael DradenCurtametraxe2011Go Beyond the LensGuessCurtametraxe2012The Trial of Ben BarryBen BarryCurtametraxeThis Bitter EarthGrady2014Whatever She WantsTheodore WolfDirecto a DVD2015CollarReverend Alonzo Sparks2016Retreat!Henshaw2018DukeJ.T.2019What Men WantSkipShaftJohn Shaft I2020Haunting of the Mary CelesteTulls
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Richard Roundtree's profile at Industry Central Website
Categoría:Nados no condado de Westchester, Nova York Categoría:Nados en 1942 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores do estado de Nova York