Sabela Ramos Garea, nada en Padrón en 1986, é unha enxeñeira informática que traballa en Google Research. En 2020 foi galardoada co Premio Ada Byron do Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia.
Traxectoria Sabela Ramos é doutora en Computación de Altas Prestacións pola Universidade da Coruña. Realizou un posdoutoramento na Escola Politécnica Federal de Zürich onde investigou para crear modelos matemáticos do rendemento de microprocesadores. Posteriormente adentrouse na industria para incorporarse a Youtube onde traballou tres anos e desde comezos de ano está en Google Research, onde investiga en campos como a aprendizaxe por reforzo ou a aprendizaxe automática.
Está involucrada en iniciativas que promoven a presenza das mulleres nas TIC, como Google Women in Engineering.
Recoñecementos
Premio Anita Borg de Google en 2012. Premio Ada Byron do Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia.
Notas
Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1986 Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Enxeñeiros informáticos