O referendo de independencia celebrouse en Nova Caledonia o 4 de outubro de 2020.Nouvelle-Calédonie. Le référendum sur l’indépendance se déroulera le 4 octobre Ouest France, 24 de xuño de 2020 Inicialmente previsto para o 6 de setembro, pospúxose ao 4 de outubro por mor da pandemia por coronavirus de 2019-2020. Os electores puideron escoller entre continuar como parte de Francia ou converterse nun país independente. Finalmente, a independencia foi rexeitada polo 53,26% dos votos.

Contexto Segundo o acordo de Numea de 1998, os neocaledonios poden levar a cabo até tres referendos de independencia; o primeiro en 2018, e despois dous máis en 2020 e en 2022, no caso de que os anteriores tivesen un resultado negativo. O primeiro celebrouse en novembro de 2018, co resultado sendo contrario á independencia por 56-44%.

En 2019, os membros da Unión Caledonia, Futuro con Confianza, a Fronte de Liberación Nacional Kanak Socialista e a Unión Nacional para a Independencia pediron que se levase a cabo outro referendo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Referendo de independencia de Nova Caledonia de 2018 Referendo de independencia de Nova Caledonia de 2021

Categoría:Nova Caledonia Nova Caledonia Categoría:Descolonización Categoría:2020