Picture a Scientist é unha película de Ian Cheney e Sharon Shattuck, que formou parte da selección oficial do Festival de Cinema de Tribeca, posposto debido á pandemia de COVID-19. A película exhibiuse en 47 cines dos Estados Unidos en xuño de 2020, e está actualmente dispoñible para proxeccións comunitarias virtuais.

Contido No documental amosase a discriminación contra as mulleres na ciencia a través dos relatos das científicas entrevistadas: Raychelle Burks, Nancy Hopkins e Jane Willenbring. E amosa como tamén no mundo académico as mulleres teñen que loitar pola igualdade e o respecto, non só no que respecta aos seus logros profesionais, senón tamén polos seus dereitos humanos fundamentais. Picture a Scientist. In: tribecafilm.com. Abgerufen am 26. April 2020. miniatura|Nancy Hopkins, unha das científicas entrevistadas. miniatura|A psicóloga social Mahzarin R. Banaji Raychelle Burks, profesora de química analítica e divulgadora científica na Universidade de St. Edward en Austin. Texas e premiada co Premio Grady Stack 2020 pola American Chemical Society é unha das científicas entrevistadas. As outras entrevistadas foron Nancy Hopkins catedrática de Bioloxía no MIT, que formou parte do comité que elaborou o informe sobre nesgo de xénero na Facultade de Ciencias no MIT e Jane Willenbring profesora de xeoloxía no Instituto Scripps de Oceanografía, quen recibiu a Medalla ao Servizo da Antártida e o Premio CAREER da Fundación Nacional de Ciencias. Ademais, no documental recóllense as opinións de varias investigadoras do ámbito das ciencias sociais, como a psicóloga social indio-americana Mahzarin Rustum Banaji, e a psicóloga social Corinne Moss-Racusin, unha das investigadoras do experimento Jennifer e John.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Nancy Hopkins Mahzarin Banaji Raychelle Burks Efecto Jennifer e John Nesgo de xénero

Ligazóns externas Picture a Scientist Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Documentais