Avante! Candidatura Veciñal é unha formación municipalista do concello de Cangas de Morrazo.

Está formada por xente de esquerdas, que funciona de xeito democrático e asembleario. Naceu no 2019 despois dun proceso aberto de debate, desde a base das asembleas e encontros entre persoas iguais, sen tutelas nin pactos entre partidos.

Nas eleccións municipais do 2019 obtivo 1.655 votos, o que supuxo o 12´21% do censo e tres concelleiros na corporación municipal.

Estaba integrada dentro da coalición En Marea. Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais en Cangas de Morrazo

Ligazóns externas Candidatura de 2019 de Avante Faro de Vigo. Programa de Avante

Forzas políticas de Galicia Categoría:Cangas de Morrazo Categoría:En Marea