Non confundir con Asociación Numismática Finlandesa.

A Sociedade Numismática Finlandesa (en finés: Suomen Numismaatikkoliitto ry) é unha entidade asociativa fundada en 1970 que agrupa as 23 asociacións numismáticas de carácter local existentes en Finlandia."The Finnish Association of Numismatic Societies". Suomen Numismaatikkoliitto ry.Asociacións que conforman a Sociedade". Suomen Numismaatikkoliitto ry.

O seu presidente é Erkki Lähderanta."Xunta directiva da Sociedade (2000)". Suomen Numismaatikkoliitto ry.

Actividade A súa misión principal é a defensa das asociacións que forman parte dela e a promoción da investigación en materia numismática. Consonte os seus estatutos, as actuacións da Sociedade van encamiñadas a:Estatutos da Sociedade. Suomen Numismaatikkoliitto ry.

Apoio a actividades de investigación. Participación en actividades educativas, mediante exposicións e publicacións. Participación no proceso de decisión do deseño e a fabricación dos instrumentos de pagamento en Finlandia. Mantemento de contacos coas administracións. Mantemento de contactos entre as asociacións que a compoñen, así como con outras sociedades estranxeiras. Organización de exposicións numismáticas. Promoción da arte da medalla.

A sociedade edita a revista Numismaatikko, con periodicidade bimensual, onde se publican artigos sobre diversos aspectos da numismática e na que se inclúen as listaxes de lotes das poxas promovidas pola Sociedade.Revista Numismaatikko". Suomen Numismaatikkoliitto ry.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de asociacións numismáticas Asociación Numismática Finlandesa Unión Numismática Nórdica

Ligazóns externas

Sitio web da Suomen Numismaatikkoliitto ry

Categoría:Asociacións numismáticas Categoría:Sociedades científicas Categoría:Cultura de Finlandia Categoría:Organizacións sen ánimo de lucro