O Baixo Miño é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) e que ampara á meirande parte do final do leito fluvial final do río Miño. O ZEC conserva 2870,95 ha., dos cales o 46% son augas mariñas, dos concellos das comarcas de Terra de Celanova, da Paradanta, do Condado e do Baixo Miño.

O seu interese de conservación está nos seus ecosistemas intermareais, ribeiras de bosques diversos, a súa riqueza piscícola e as aves que habitan na súa zona exterior.

Un treito final deste espazo, que só abrangue territorio do Baixo Miño, é tamén é unha zona de especial protección para as aves (ZEPA), a do Esteiro do Miño. O ZEC e a ZEPA galegos forman un continuo protexido transfronteirizo cos espazos portugueses LIC do Rio Minho e ZEPA Estuário dos rios Minho e Coura.

Xeografía O Baixo Miño protexe o territorio ribeirego do treito final, e suroccidental, do río Miño e as augas estritamente galegas deste. Inclúe terreo e augas de Padrenda (na Terra de Celanova), Crecente,A Caniza e Arbo (da Paradanta), As Neves e Salvaterra de Miño (do Condado), e Tui, Tomiño, O Rosal e a Guarda (do Baixo Miño).

En Padrenda só inclúe unha área reducida pois alí só protexe parte do río e ribeira ao pé do encoro de Frieira en Desteriz. Esa é a única parte ourensá protexida. O espazo inclúe varios leitos de afluentes menores do Miño. Desde O Couto, A Caniza, e pasando por Crecente, acolle ao río Ribadil; desde Mourentán, Arbo acolle ao río Deva; e desde San Cibrán de Ribaterme, As Neves acolle ao río Termes. O espazo protexido remata na punta de Santa Trega na boca do esteiro do Miño. Inclúe a illas como a de Fillaboa, a Insua do Castro, a parte galega da Insua Grande ou a da Canosa.

Desde Sobrada, Tomiño, a área litoral de esteiro e de augas mariñas que acolle o ZEC son tamén Zona de especial protección para as aves (ZEPA) Esteiro do Miño. Con todo, o ZEC cobre áreas terrestres no Rosal e na Guarda que a ZEPA non cobre.

Na beira portuguesa continúa co LIC do Rio Minho (que vai desde Monçao ata Caminha) e coa ZEPA Estuário dos rios Minho e Coura (que vai desde Valença ata Caminha) , e que co cal, cobren do mesmo xeito as marxes portuguesas do Miño. En menor superficie linda coa LIC Litoral Norte, xa na boca exterior do esteiro do Miño.

Hábitats A diversidade hábitats deste espazo é alta pois acolle desde espazos mariños a áreas urbanizadas deste litoral. Os hábitats que dominan neste espazo son os esteiros, as chairas lamacentas e areosas da beira do río, a vexetación halófila, os bosques de abeneiros e freixos e os prados de sega. Os hábitats de máis interese de conservación presentes son as dunas de costa de vexetación xa fixa, as estepas de gramíneas de medra anual e os bosques de ribeira de abeneiros e freixos. Os prioritarios en canto a conservación é o territorio das zonas húmidas de ribeira e os corredores fluviais. Destaca tamén a variedade de bosques, xa que van desde os mixtos das veigas, os de ribeira con salgueiros (Salix alba) chopos brancos (Populus alba) e os sobreirais.

Fauna e flora Flora Entre as especies presentes do catálogo galego de especies ameazadas están: Especie Jasione lusitanica Narcissus cyclamineus Woodwardia radicans

Fauna Nas augas do Baixo Miño atópanse poboación de salmón común (Salmo salar) e lampreas (Petromyzon marinus). Destacan a presenza de salamántigas rabilongas (Chioglossa lusitanica), os sapoconcho riscado (Mauremys leprosa), as aguaneiras (Galemys pyrenaicus) e as londras (Lutra lutra). O último tramo do río Miño destaca pola súa diversidade de aves, que suma 35 especies catalogadas como de alto interese de conservación. É por iso que tamén é unha ZEPA (Esteiro do Miño).

Entre as especies presentes (agás aves) do catálogo galego de especies ameazadas están

Grupo Especie Invertebrados Cerambyx cerdo Invertebrados Geomalacus maculosus Invertebrados Lucanus cervus Invertebrados Oxygastra curtisii Peixes Alosa alosa Peixes Alosa fallax Peixes Chondrostoma polylepis Peixes Petromyzon marinus Peixes Rutilus arcasii Peixes Salmo salar Anfibios Chioglossa lusitanica Anfibios Discoglossus galganoi Réptiles Emys orbicularis Réptiles Lacerta schreiberi Réptiles Mauremys leprosa Mamíferos Galemys pyrenaicus Mamíferos Lutra lutra Mamíferos Myotis myotis Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación O Baixo Miño foi declarado como Lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 dentro da rexión atlántica e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. A ZEPA do Esteiro do Miño complementaríaa a protección a aves en 2004.

A vertente portuguesa do treito do Miño está protexida na súa totalidade pola figura de LIC Rio Minho, que foi proposto en 1997 e confirmada como tal en 2004. Do mesmo xeito, todo o litoral aberto ao oeste de Caminha está protexido polo LIC Litoral Norte tamén desde 2004. Complementado á ZEPA galega, a ZEPA Estuários dos Rios Minho e Coura compleméntaa protexendo superficie desde a Valença ata o mar aberto portugués.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Zonas especiais de conservación en Galicia