Martiño Santos Canosa, nado en Corcubión en 1974, é un político galego.
Traxectoria Ingresou en Galiza Nova con 15 anos na Costa da Morte onde foi Responsábel comarcal. Foi representante estudantil dos Comités Abertos de Estudantes no Instituto de Cee, e membro dos Comités Abertos de Faculdade (CAF) na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela. Foi Responsábel Nacional de Organización (1994-1996) e Secretario Xeral de Galiza Nova (1996-2000). Membro da Comisión Permanente do BNG entre 1998 e 2001 e do Consello Nacional de 1995 a 2001. Foi Responsábel Técnico de Organización do BNG e forma parte do Consello Local de Santiago de Compostela.
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Terra e Tempo
Categoría:Políticos do BNG Categoría:Nados en Corcubión Categoría:Nados en 1974 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Secretarios xerais de Galiza Nova Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes