Para o artigo do ilustrador, véxase Fernando Tato Fernando Rafael Tato Plaza, nado en Santiago de Compostela en 1962 e finado no Sisto (Ribasar, Rois) o 8 de xaneiro de 2000, foi un filólogo e tradutor galego.
Traxectoria Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Impartiu docencia nas Escola Universitaria de Formación de Profesorado de EXB na cidade de Lugo, na Universidade da Coruña e na Facultade de Filoloxía de Compostela. Foi membro do Instituto da Lingua Galega.
Colaborou na elaboración de dicionarios de léxico común, linguaxe administrativa e antropónimos. Publicou artigos relacionados coa lexicografía, onomástica, edición e gramática histórica. Na súa faceta de editor, ocupouse, conxuntamente con Ana Boullón, da edición de Teatro de Máscaras de Ramón Otero Pedrayo (1989) e, en solitario, do Libro de Notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457), distinguido co premio Lois Peña Novo de 1999.
Foi tradutor literario, na combinación inglés-galegoFernando R. Tato na Biblioteca da Tradución Galega.; por exemplo, súa foi a primeira tradución ao galego do Frankenstein de Mary Shelley.
Foi membro fundador da Asociación de Tradutores Galegos e da Asociación Galega de Onomástica.
Vida persoal
Foi parella de Ana Isabel Boullón Agrelo. Obra No colo do Atlas: contos de Marrocos de Richard Hughes (1989, Xuvenil Alfaguara) A procura de Park, Katherine Paterson, (Galaxia, 1991; trad. conxunta con Ernesto Xosé González Seoane) Frankenstein, Mary Shelley (Galaxia, 1999) O "Squirrel" de Luise Rinser (1990, Xuvenil Alfaguara)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biobibliografía do persoeiro, Consello da Cultura Galega.
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao galego
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes