Alfred Friedrich Constantin von Sallet, nado o 19 de xullo de 1842 en Niemcza, Reino de Prusia (actualmente en Polonia), e finado o 25 de novembro de 1897 en Berlín, foi un numismático alemán. Dannenberg, H. (1898) ."Sallet, Alfred von". En Weil, R. (1907). Páxinas 689-692.Franke, P. R. "Sallet, Alfred von ". Kulturalportal West-Ost.Ambrosoli, S. (1898).Schöne, R. (1898).
Traxectoria Alfred von Sallet naceu na vila de Niemcza, na Silesia prusiana, fillo do escritor Friedrich von Sallet e de Caroline von Burgsdorff. Cursou a súa educación primaria en Wrocław e fixo os seus estudos secundarios en Görlitz, onde se graduou en 1862. Nese momento comezou o seu interese polas moedas, que comezou a coleccionar, xunto con outros obxectos, como os minerais. Posteriormente estudou Arqueoloxía e Historia na Universidade de Berlín, onde tivo profesores como August Boeckh e Theodor Mommsen.
Graduouse na universidade en 1865 e catro anos máis tarde foi contratado por Julius Friedländer no Gabinete Numismático (Münzkabinett) de Berlín. En 1870 ascendeu a asistente da dirección e a partir de 1884 pasou a exercer como director da institución, logo do falecemento de Friedländer, posto que ocupou ata a súa morte en 1897.Ambrosoli, S. (1898). Páxina 131, 133.
Von Sallet foi un dos impulsores dos estudos numismáticos en Alemaña, non só polo seu labor no Münzkabinett senón tamén na súa abundante produción científica, centrada fundamentalmente na moeda clásica e na medalla renacentista. Moitos dos seus artigos (máis de 80) foron publicados en Zeitschrift für Numismatik, unha revista da que foi cofundador e que dirixiu entre 1874 e 1897, editada pola Sociedade Numismática de Berlín (Numismatische Gesellschaft zu Berlin).Acceso en liña: artigos publicados en Zeitschrift für Numismatik.
Alfred von Sallet morreu como consecuencia da gripe o 25 de novembro de 1897.
Recoñecementos Membro de honra de diversas entidades de carácter numismático, como as sociedades numismáticas de Berlín, Ámsterdam, Londres, Múnic ou Viena. (1897): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
Publicacións Escolma de monografías Esta é unha relación das monografías máis salientables publicadas ao longo da carreira acad´ñemica de Alfred von Sallet."Sallet, Alfred Friedrich Constantin von 1842-1897 ". Digital Library Numis."Alfred von Sallet". Katalog der Deutschen Nationalbibliothek.Ambrosoli, S. (1898). Páxina 132. (1865): De Asandro et Polemone Cimmerii Bospori regibus quaestiones chronologicae et numismaticae. Berlín. (1866): Die Fürsten von Palmyra unter Gallienus, Claudius und Aurelian. Weidmann, Berlín. (1866): Beiträge zur Geschichte und Numismatik der Könige des Cimmerischen Bosporus und des Pontus von der Schlacht bei Zela bis zur Abdankung Polemo II. Weidmann, Berlín. (1870): Die Daten der alexandrinischen Kaisermunzen. Weidmann, Berlín. (1871): Die Kunstlerinschriften auf griechischen Munzen. Weidmann, Berlín. (1874): Untersuchungen über Albrecht Dürer. Berlín. (1878): Asklepios und Hygieia, die sogenannten Anathema für heroisierte Todte . Weidmann, Berlín. (1879): Die Nachfolger Alexanders des Grossen in Baktrien und Indien. Weidmann, Berlín. (1888): Beschreibung der antiken Münzen. Bd. I: Taurische Chersonesus, Sarmatien, Dacien, Pannonien, Moesien, Thracien, thracische Könige. Spemann, Berlín. (1889): Paeonien, Macedonien, die macedonischen Könige bis Perdiccas III. Spemann, Berlín. (1894): Beschreibung der antiken Münzen. Bd. III. Abth. I: Italien : aes rude, aes signatum, aes grave, die geprägten Münzen von Ethurien and Calabrien(con Heinrich Dressel). Spemann, Berlín. (1898): Münzen und Medaillen. W. Speman, Berlín (publicación póstuma). (1909): Die antiken Münzen. Reimer, Berlín.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Ambrosoli, S. (1898). "Necrologico: Alfred von Sallet". En Rivista Italiana di Numismatica. Páxina 131-135. Dannenberg, H. (1898). "Alfred von Sallet ". En Zeitschrift für Numismatik. Nº 21. Páxinas 1-4. Schöne, R. (1898). "Zur Erinnerung an Alfred von Sallet". En Jahrbuch der Königlich Preussischen Kunstsammlungen. Nº 19. Staatliche Museen zu Berlin. Berlín. Killy, W.; Vierhaus, R. (eds.) (1998). Deutsche Biographische Enzyklopädie. 8. Plett – Schmidseder. K. G. Saur, Múnic. Páxina 187. ISBN 3-598-23168-7 Kluge, B. (2004). Das Münzkabinett. Museum und Wissenschaftsinstitut. Berlín, Münzkabinett. ISBN 3-88609-494-4 Weil, R. (1907). Allgemeine Deutsche Biographie. Vol. 53. Duncker & Humblot, Leipzig.
Outros artigos Gabinete Numismático de Berlín
Ligazóns externas "Regling, Kurt Ludwig 1876-1935". Digital Library Numis "Regling, Kurt 1876-1935". WordCat.
Categoría:Nados en 1842 Categoría:Finados en 1897 Categoría:Nados na Baixa Silesia Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Persoas relacionadas co Gabinete Numismático de Berlín Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Finados por gripe