miniatura|240px|Arriba, Megalampris keyesi, do Oligoceno. A dos lámpridos (Lampridae) é unha familia de peixes osteíctios da orde dos lampriformes, clase dos actinopterixios, subclase dos neopterixios, e infraclase dos teleósteos.Lampridae Gill, 1862 no WoRMS. Consultado o 28 de setembro de 2020.Lamprididae no ITIS. Consultado o 28 de setembro de 2020.
Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1862 polo ictiólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill.
Etimoloxía O nome científico Lampridae está formado, de acordo coa norma, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo Lampris coa adición do sufixo do latín científico -ĭdae, propio das familias de animais.
Sinónimos Lamprídidos (Lamprididae). Erro ortográfico.
Xéneros Esta familia é monotípica, xa que conta tan só cun único xénero actual, Lampris Retzius, 1799.
Ademais, coñécese tamén un único xénero fósil, † Megalampris, cunha única especie, † Megalampris keyesi Gottfried, Fordyce & Rust, que viviu no Oligoceno na actual Nova Zelandia,
Este fósil, do que se descubriron en 2006 ósos da cola, parece que a súa aparencia debería ser moi similar á da especie actualmente vivente, Lampris guttatus, coa que estaba estreitamente relacionada.Gottfried, Michael D.; Fordyce, R. Ewan & Rust, Seabourne (2006): "Megalampris keyesi, a Giant Moonfish (Teleostei, Lampridiformes) from the Late Oligocene of New Zealand". Journal of Vertebrate Paleontology 26 (3): 544–551. (Resume). Consultado o 28 de setembro de 2020).
Características Son grandes peixes arredondados coas aletas caudal e pectorais vermellas. A coloración do corpo é variábel. Un suposto espécime morto, sen escamas, e de cor cinza, foi desbotado. E outro supesto espécime vivo recentemente capturado, de cor que varía da cinza clara á alaranxda avermellada, foi así mesmo desbotado.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Nelson, J. S. et al. (2016): Fishes of the world. Quinta edición. Nova York, NY, USA: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-1-1183-4233-6.
Outros artigos Lampriformes Lampris
Ligazóns externas Opahs. Lampridae na EOL. Lampridae no GBIF.
Categoría:Teleósteos