Juan Bautista Garra Olañeta, nado en Santiago de Compostela o 11 de novembro de 1831 e finado en Ponteareas o 19 de xuño de 1905, foi un industrial e empresario galego.

Traxectoria Fillo de Juan Garra Arriaga, curtidor francés, e María Antonia Olañeta Bascarán, vasca, naceu en Santiago de Compostela. Instalouse en Ponteareas, onde fundou as fábricas de curtidos La Perillana e La Castiñeira en 1872. Apoiou a José Ramón Bugallal. En 1902 cedeu ao seu fillo Rafael Garra Castellanzuelo a ferretería La Perillana.El Norte de Galicia, 21-4-1902, p. 1. Finou en Ponteareas aos 74 anos.Noticiero de Vigo, 20-6-1905, p. 2. A familia continuou cos negocios coa denominación Viuda e Hijos de Garra.El Tea, 10-9-1910, p. 3.

Vida persoal Casou con Francisca Castellanzuelo Alfaya, que finou en 1922,El Tea, 23-5-1922, p. 3. e foi pai de Amado, Emilio e Camila Garra Castellanzuelo, que casou con Wenceslao González Jimeno; foi avó de Wenceslao González Garra.

Notas

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1831 Categoría:Finados en 1905 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos