José Alonso Lara, nado en Sevilla o 7 de marzo de 2000, é un futbolista español. Xoga de centrocampista no Orihuela, da Segunda Federación.
Traxectoria Formouse na canteira do Sevilla FC e asinou o seu primeiro contrato profesional a finais do 2016 alternando o equipo xuvenil co Sevilla Atlético Club, co que debutou con 17 anos en Segunda División nun partido contra o CD Lugo. Na tempada 2017/18 seguiu alternando os xuvenís co 2º equipo do Sevilla FC. Na última xornada da Primeira División debutou co primeiro equipo, saíndo desde o banco nun partido contra o Deportivo Alavés.
Na seguinte tempada sufriu unha lesión de longa duración que o mantivo afastado dos terreos de xogo. Na tempada 2019/20 foi convocado co primeiro equipo para varios partidos da UEFA Europa League, que acabou gañando o equipo hispalense.
O 11 de setembro de 2020 anunciouse a súa cesión por unha tempada ao Deportivo da Coruña, en Segunda División B. Disputou 24 encontros co club galego e marcou dous goles, contra o Coruxo e contra o Guijuelo.
Ao rematar a súa cesión rescindiu o seu contrato co Sevilla e asinou co Betis Deportivo, filial do Real Betis, na nova Primeira División RFEF. Militou dúas campañas no conxunto bético, a segunda delas na Segunda División RFEF, despois de descender na súa primeira tempada. Disputou un total de 57 partidos, anotando 2 goles.
Para a tempada 2023/24 asinou como novo xogador do Alcoyano, da Primeira Federación. Na súa primeira tempada en Alcoi disputou 33 encontros, 24 deles como titular, e asinou 5 goles, pero a súa participación caeu de xeito notable na seguinte campaña, na que contou con só 9 titularidades e acabou descendendo á Segunda Federación.
En 2025 fichou polo Orihuela, tamén de Segunda Federación.
Palmarés Selección española sub-17 Eurocopa sub-17 (1): 2017.
Selección española sub-18 Medalla de ouro dos Xogos Mediterráneos (1): 2018.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do xogador en Transfermarkt . Páxina do xogador en BDFutbol .
Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Nados en 2000 Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié B Categoría:Xogadores do CD Alcoyano Categoría:Xogadores do Orihuela CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-17