Powertrip é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de stoner rock Monster Magnet, publicado o 16 de xuño de 1998 a través do selo A&M Records. O disco foi o que lanzou ao grupo ao éxito, chegando ao gran público sobre todo grazas ao seu sinxelo "Space Lord". Outras cancións exitosas foron "Powertrip", "Temple of Your Dreams" e "See You in Hell". O álbum chegou ao número 1 da lista Heatseekers, ao 21 das listas alemás, ao 65 das británicas e ao 97 da Billboard 200. Powertrip foi certificado ouro pola RIAA o 25 de xaneiro de 1999.

Realizáronse vídeos musicais para os temas "Space Lord", "Powertrip" e "See You in Hell".

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Monster Magnet Categoría:Álbums musicais de 1998 Categoría:Álbums producidos por Matt Hyde Categoría:Álbums de A&M Records