Mónica Rodríguez Ordóñez, nada en Calo (Vimianzo) o 2 de agosto de 1977, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Técnica de administración nunha construtora familiar. Nas eleccións municipais de 2011 foi candidata de Independientes por Vimianzo, formación encabezada polo seu tío e ata entón alcalde socialista Alejandro Rodríguez Lema, sendo elixida concelleira. A derrota da formación ante o BNG supuxo que Rodríguez Lema non recollese a súa acta como concelleiro, polo que asumiu a portavocía do grupo. Nas municipais de 2015 encabezou a lista de Independientes por Vimianzo, e volveu ser elixida concelleira.
En xullo de 2018 os independentes regresaron ao PSdeG-PSOE, polo que nas municipais de 2019 encabezou a candidatura socialista e foi elixida alcaldesa tras logra-la vitoria por maioría simple. Nas municipais de 2023 foi reelixida alcaldesa ó lograr unha ampla maioría absoluta cun 72 % dos votos e 10 concelleiros dun total de 13. Nese mandato foi elixida deputada provincial.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vimianzo Ligazóns externas «Para min o pasado é iso, pasado, e tócanos a todos mirar cara ao futuro». Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Vimianzo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vimianzo Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes