Taras Senkiv, O.M. (en ), nado o 3 de xullo de 1960 en Bilobozhnytsia (distrito de Chortkiv, rexión de Ternopil, RSS de Ucraína), é un relixioso grecocatólico ucraíno da Orde dos Mínimos, bispo de Stryi dende o 2 de abril de 2014.

Traxectoria Taras Senkiv naceu nunha familia de grecocatólicos clandestinos de Ucraína Occidental. Aos 17 anos se uniu a un seminario teolóxico clandestino, ao tempo que traballaba en varias ocupacións.

O 28 de maio de 1982 foi ordenado sacerdote en segredo polo bispo Pavlo Vasylyk, e exerceu o seu ministerio entre os fieis da "Igrexa das Catacumbas" até 1989, principalmente no occidente ucraíno. Entre 1989 e 1992 foi deán de Chortkiv, e entre 1992 e 2000 ampliou os seus estudos teolóxicos no Seminario Teolóxico de Olomouc (en Chequia) e na Universidade Palacký. Entre 2001 e 2002 foi sincelo da eparquía de Buchach. O 15 de febreiro de 2002 ingresou na Orde dos Mínimos en Italia, facendo os seus votos o 1 de outubro de 2006.

O 22 de maio de 2008 foi nomeado bispo auxiliar de Stryi, recibindo o 20 de xullo a consagración episcopal de mans do arcebispo maior de Lviv Liubomyr Huzar. O 20 de xaneiro de 2010 foi nomeado administrador apostólico da eparquía, e o 2 de abril de 2014 bispo diocesano da mesma.

Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados na rexión de Ternopil Categoría:Alumnos da Universidade Palacký Categoría:Mínimos Categoría:Relixiosos católicos de Ucraína Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos católicos do século XXI