Ceferino Luis Maestú Barrio, nado en Vigo o 30 de outubro de 1920 e finado en Boadilla del Monte o 13 de decembro de 2016, foi un xornalista e sindicalista galego.
Traxectoria Fillo de Ceferino Maestú Novoa, alcalde de Vigo, republicano que foi fusilado polos golpistas logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Ceferino afiliouse moi novo a Falange e combateu na guerra nas filas do exército sublevado.
Xornalista de profesión, traballou en medios da «Prensa del Movimiento». En 1948 fundou a axencia de noticias «Fiel», absorbida por EFE en 1968. Foi vogal do Sindicato provincial del Papel, Prensa y Artes Gráficas de Madrid. Desilusionado coa liña oficial franquista, desenvolveu unha liña de actuación alternativa aos Sindicatos verticais. En 1963 foi un dos fundadores da Frente de Estudiantes Sindicalistas (FES) xunto a Sigfredo Hillers, Narciso Perales e Juan Diego. Maestú, que mantivo contactos co Partido Comunista de España, tamén participou na fundación do sindicato Comisións Obreiras. Consecuencia das súas actividades, foi detido pola policía franquista en 1966.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Falanxistas Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes