Lincoln Calibration Sphere ou LCS foron unha serie de satélites artificiais pasivos dos Estados Unidos usados como obxectivos para a calibración de radares terrestres.

Características Os satélites LCS eran esferas hocas de aluminio cunha sección precisa para servir como obxectivo para a calibración de radares terrestres. Eran construídos por Rohr Corp. para o Laboratorio Lincoln, de onde lles ven o nome. Tiñan un diámetro de 1,12 m e un espesor de 3,2 mm, cunha masa duns 34 kg. Lanzáronse catro LCS entre 1965 e 1971, dos cales dous non chegaron a órbita por problemas nos foguetes lanzadores. Os dous que aínda están en órbita utilízanse aínda con fins de calibración.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasLCS 16 de maio de 1965Titan 3AÉxitoLCS 215 de outubro de 1965Titan 3CFalloLCS 316 de agosto de 1968Atlas SLV-3FalloLCS 47 de agosto de 1971Atlas FÉxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Titan 3A Titan 3C Atlas SLV-3 Atlas F

Categoría:Satélites artificiais