Rosana Rodríguez López é unha docente e investigadora en matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria Rosana Rodríguez López é doutora en matemáticas, obtendo o doutoramento no ano 2005 coa tese doutoral "Solucións periódicas para ecuacións diferenciais non lineais" dirixida por Juan José Nieto Roig.

Membro do antigo Departamento de Análise Matemática e actual Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización, é docente investigadora e vicedecana da Facultade de Matemáticas dende 2017 e coordinadora do grao en Matemáticas. Anteriormente gozou dunha Bolsa de Formación para Persoal Investigador (FPI) e foi docente en centros de secundaria.

É de destacar así mesmo o seu labor como divulgadora, principalmente no ámbito local da cidade de Santiago.

Os seus campos de investigación son as ecuacións diferenciais e a matemática difusa.

Obtivo o recoñecemento mundial da comunidade matemática en 2005, cando publicou na revista Order o artigo “Contractive Mapping Theorems in Partially Ordered Sets and Applications to Ordinary Differential Equations”, xunto a Juan José Nieto. Este traballo é un dos máis citados no ámbito académico matemático de orixe española. Desde entón asinou preto de setenta traballos de análise matemática, con alto grao de citación.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas She does maths: Rosana Rodríguez López. Blog de Mujeres con ciencia, xullo 2018 

Categoría:Científicos de España Categoría:Matemáticos de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela